William Styron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
Logo das primeiras malas críticas recibidas dende o inicio da súa carreira literaria, Styron empregou varios anos investigando e meditando os seus seguintes traballos. Un tempo no que compartiu o seu fogar con outros escritores, coma [[James Baldwin]], que durante eses anos traballaba na súa obra [[Another Country]], un libro duramente criticado por intelectuais próximos ao movemento reivindicativo afroamericano [[Black Power]] ao ter escollido a un branco coma protagonista da historia. Baldwin, tamén afroamericano, profetizou maiores problemas para o proxecto que Styron tiña entre mans. "Bill vai a recibilas de ambos bandos," declarou nunha entrevista despois da publicación de ''As Confesións de Nat Turner'' en 1967.
 
Efectivamente, logo de recibir boas críticas por parte dos círculos literarios blancosbrancos, sendo agasallado incluso co Pulitzer en 1968, basándose na idea de que era un traballo que viña por fin a sandar a fenda racial, e sendo tamén defendido o seu traballo por escritores afroamericanos coma Baldwin e tamén [[Ralph Ellison]], a novela empezou a ser duramente anatemizada coma expresión encuberta dos vellos estereotipos raciais de tan longa tradición nos Estados Unidos.
 
Especialmente aguda foi a desafección expresada no grupo de ensaios contidos en John E. Clarke in ''William Styron's "Nat Turner": Ten Black Writers Respond'' (1968). Os cargos alegados son variados: apropiación indebida da voz do rebelde afroamericano por excelencia, falsificación intencionada da historia, ...