90
edicións
Sem resumo de edição |
mSem resumo de edição |
||
'''Santa Baia de Cira''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Silleda]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 295 habitantes (153 mulleres e 142 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 312 habitantes.
É de salientar a [[Torre de Cira]], restos do antigo castelo medieval fundado por Bernardo Suárez Deza no ano 1115, pasou a poder da raíña Urraca e alí mantivo preso durante varios días ao arcebispo [[Diego Xelmírez]] no ano 1121. Destruído polos Irmandiños, reconstruiuno o conde de Altamira. Tan só queda en pé a Torre do homenaxe datada no século XV.
Tamén destaca o [[Pazo de Paizás]] e a igrexa parroquial.
[[Category:Silleda]]
|
edicións