Nacionalismo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ideoloxía: nembargantes xa non é normativo
Liña 62:
 
==Actualidade==
O único partido actual con presenza no Parlamento Galego que se define como nacionalista é o [[Bloque Nacionalista Galego]], posicionado nunha esquerda moderada, con Anxo Quintana á testa. Este coñeceu un considerable aumento dos votos nos anos recentes, chegando incluso a ser, con [[Xosé Manuel Beiras]], a segunda forza política de Galicia, por diante do Partido Socialista de Galicia. Coñeceu, non obstante, un descenso de votos nas eleccións galegas do 2005, pasando a ser a terceira forza política. Na opción de centro preséntasepreséntanse [[Terra Galega]] e o recentemente refundado [[Partido Galeguista (2004)|Partido Galeguista]], que aínda non se ten presentado ás eleccións; e na liña independentista os partidos con máis forza son a [[Frente Popular Galega]] e [[Nós-Unidade Popular]].
 
O nacionalismo galego ten experimentado un notable crecemento nos anos recentes, pasando o voto nacionalista dun 9% a máis dun 13%. Apareceron moitas organizacións xuvenís que apoian o [[independentismo galego]], e, malia seren moi numerosas, carecen de éxito e poder político real. Entre estas, a máis forte é a [[Frente Popular Galega]]. Pola súa banda, [[Nós-Unidade Popular]] ten organizado campañas para o retiro dos restos da simboloxía do réxime franquista que aínda quedan en Galicia.