Ordenador persoal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Inicio do artigo traducido do inglés
 
Comezo da parte software (sen rematar)
Liña 5:
Os primeiros usuarios dos ordenadores persoais tiñan que escribir os seus programas para facer algo útil xa que a maioría delas non tiñan sistemas operativos. Os primeiros de ordenadores de máis pequeno tamaño tiñan que cargar a man a secuencia de arranque e os programas (mediante [[cintas perforadas]] e máis tarde [[Disquete|disquetes]]). Logo coa chegada das memorias [[ROM]] o arranque volveuse moito máis rápido, xa que o sistema operativo viña dentro desta memoria. Hoxe en día, pódese acceder facilmente a software comercial, [[software libre|libre]] e de [[código aberto]] que están xa compilados para poder executalos directamente. O software para estes ordenadores, tanto aplicacións coma [[videoxogo|videoxogos]], soen desenvolverse independentemente do hardware e [[sistema operativo]] do equipo e distribuírse en formato [[Disco compacto|CD]] mentres que nos dispositivos móbiles polo xeral sóense distribuír mediante unha tenda online.
 
Dende principios dos anos 90, o sistema operativo de [[Microsoft]] e o hardware de [[Intel]] predominaron no mercado dos ordenadores persoais, primeiro con [[MS-DOS]] e logo con Windows. As principais alternativas a este popular sistema operativo son [[OS X]] de [[Apple]] e os libres de código aberto [[Unix-like|Unix-Like]], tales como [[Ubuntu]], así como. [[AMD]] pola contra é a principal alternativa a Intel.
 
Software
 
O término software refírese a calquera tipo de programa informático, procedemento ou documentación que realiza unha tarefa nun sistema informático. O termo pode facer referencia ó software de aplicación, tales como o procesador de texto que executan tarefas produtivas para os usuarios, ó software do sistema, tales como sistemas operativos que executan unha interface co hardware do ordenador e crea os servizos necesarios para executar o software de aplicación e por último o [[middleware]] que controla e coordina os sistemas distribuídos.
 
=== Sistemas operativos ===
Un sistema operativo (xeralmente representados coas siglas SO) xestiona os recursos dun ordenador e crea unha interface que permite o usuario acceder ós recursos de maneira máis sinxela. Un sistema operativo procesa os datos do sistema e entrada do usuario, respondendo a esta creando e xestionando as tarefas e recursos internos do sistema coma os servizos e programas. Un sistema operativo executa tarefas básicas, como controlar e reservar memoria, priorizando solicitudes do sistema, control de dispositivos de entrada e saída, facilitando a redes de ordenadores e xestión de arquivos.
 
Os sistemas operativos máis utilizados son Microsoft Windows, OS X, Linux, Solaris e FreeBSD.
 
==== Microsoft Windows ====
Microsoft Windows é o nome da marca dos sistemas operativos feitos por Microsoft ó longo dos anos. A primeira vez que se usou esta denominación foi en novembro de 1985, como un complemento para o MS-DOS en resposta ó crecente interese en interfaces gráficas de usuario xerado por Apple en 1984 coa saída de Macintosh.