Diferenzas entre revisións de «Iannis Xenakis»

sen resumo de edición
Durante esos anos, Xenakis comezou paralelamente os seus estudos de [[Composición musical|composición]] en París, primeiro con [[Arthur Honegger]] e [[Darius Milhaud]], cos que non tivo demasiado entendimento, e finalmente con [[Olivier Messiaen]], con quen sí estudou regularmente a partir de [[1952]]. En [[1955]] [[Hans Rosbaud]] dirixiu no Festival de [[Donaueschingen]] a súa primeira obra importante para orquestra: ''[[Metástase (Xenakis)|Metástase]]''. Esta peza e as que lle seguiron, notablemente ''Pithoprakta'' de 1955-56, e ''Achorripsis'' de 1956-57, así como artigos publicados nos ''Gravesaner Blätter'', a revista que dirixía [[Hermann Scherchen]], déronlle a Xenakis unha notoriedade que finalmente lle permitiu dedicarse exclusivamente á composición.
 
[[Ficheiro:XenakisMDaniel.jpg|thumb|esquerda|300px|Iannis Xenakis en 1975.]]
En [[1963]] publicou ''Musiques Formelles'' (Música formalizada), posteriormente revisada, expandida e publicada en inglés como ''Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition '' en [[1971]], e novamente ampliada e revisada para a segunda e definitiva edición de [[1990]]; unha colección de ensaios sobre as súas ideas musicais e técnicas compositivas, considerada unha das contribucións máis importantes á [[teoría da música]] do século XX. En 1997 obtivo o [[Premio Kyoto]] que concede a Fundación Inamori, de Kyoto.
 
45

edicións