Clemente Antonio Fernández Sarela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Acibechería en lugar de Acibecharía
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Francisco Fernández Sarela]], mestre de arquitectura, o seu primeiro proxecto salientable foi a rehabilitación da porta da muralla de [[Convento de San Francisco do Val de Deus|San Francisco]], derrubada posteriormente no [[século XIX]]. En [[1744]] traballou baixo as ordes de [[Fernando de Casas Novoa]] na [[fachada do Obradoiro]] da [[Catedral de Santiago|catedral santiaguesa]]. Foi aparellador das obras desta catedral con [[Lucas Ferro Caaveiro]]. Xunto con el, realizou as obras da sala capitular e o arquivo; tamén traballou na fachada da AcibecharíaAcibechería.
 
Ocupouse da edificación e restauración das moitas casas que o [[Cabido de Santiago|cabido]] posuía en Santiago. Interveu na casa número 57 da Rúa Nova e na casa número 1 do Cantón de San Bieito. Pero onde verqueu o seu xenio creador foi na [[Casa do Cabido]]. Aquí buscou dotar de beleza o contorno da [[Praza das Praterías]]. Utiliza espléndidas [[voluta]]s, placas, [[pináculo]]s e a emblemática [[vieira]], así como unha [[rocalla]] no [[lintel]] da porta. A [[cornixa]] voada aparece tamén moi decorada, con [[Gárgola (arquitectura)|gárgolas]] e [[balaustrada]] con pináculos. Obsérvase a influencia de [[Simón Rodríguez]] nos cilindros.