ASTANO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
→‎Historia: edición
Liña 25:
== Historia ==
[[Ficheiro:Estaleiro_Navantia_Fene.JPG|miniatura|esquerda|Astano en 2008.]]
Estableceuse na ribeira da [[ría de Ferrol]], no concello de [[Fene]] e comezou dedicándose á construción de barcos pesqueiros en [[madeira]]. En [[1944]] converteuse en [[sociedade anónima]], entrando na empresa o [[Banco Pastor]], e co seu capital acométese o paso á construción en [[Metal (material)|metal]] iniciado o ano anterior, e comeza un medre sostido apoiado na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex director de Bazán [[José María González-Llanos]] iniciou o medre de Astano que chegaría a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais, economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasando da construción de buques en madeira a construir os maiores buques que se estaban a botar no mundo. A primeira crise chega en [[1956]] co esgotamento dos caladoiros do [[Gran Sol]] e comeza un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para [[carbón]] e [[petróleo]] nun mercado en expansión. A crise definitiva chega en 1971 coa empresa nunha situación crítica que provoca a toma de control polo [[Instituto Nacional de Industria]], que non conseguiu endereitala. A subseguinte [[crise do petróleo]] de [[1973]] acabou por condenar ao estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en [[1972]] se bota o ''Arteaga'', navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu medre tecnolóxico e a botadura dodos navíopetroleiros mais grandegrandes, o ''Al-Andalus'' en [[1974]] de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o ''Santa Maria'' en [[1975]] de 365 000 toneladas de peso morto. Son os buques maiores construídos e botados en grada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI faise cargo da totalidade da empresa e inxecta un capital de 3 500 millóns de pesetas.
 
Nese contexto de profunda reconversión prodúcese a negociación do ingreso de [[España]] na [[Unión Europea]] (entón [[CEE]]). O plano para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun [[estaleiro]] entre os de [[Puerto Real]], [[Sestao]] ou [[Fene]]. O goberno socialista de [[Felipe González]] propuxo limitar a produción de Astano á [[construción]] ''[[Off-Shore]]'', sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro poderá volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando remate o veto actual.<ref>[http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/astillero-fene-encrucijada/20140907024327099669.html El astillero de Fene, en la encrucijada] ''Diario de Ferrol''.</ref>