Transatlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 11:
[[Ficheiro:Ramón Conde, 2010, placa, Galicia non esquece.JPG|miniatura|O porto de Vigo foi, durante anos, punto de partida da [[emigración]] galega.]]
Os portos da [[Porto da Coruña|Coruña]] e especialmente [[Porto de Vigo|Vigo]] tiveron vital importancia dende mediados do século XIX e durante o século XX coma punto de partida dos transatlánticos para a [[emigración galega]] e doutras partes de Europa ás Américas.
O liderato de Vigo coma principal porto de España contribiu en gran medida ao desenvolvemento económico e social da cidade, que experimentou un crecemento asombroso durante os últimos dous séculos. Vigo medrou social e mercantilmente grazas aos seus peiraos, por onde arribaban os xefes de estado, personalidades coma [[Jules Verne]], [[Guglielmo Marconi]], [[Pau Casals]], [[AmaliaAmália Rodrigues]], [[Leónidas Trujillo]], [[Afonso XIII]], ou [[Guillerme II de Alemaña]], e embarcaban con rumbo ás Américas milleiros de galegos na procura dunha mellor vida, ademais da importancia do porto coma [[estaleiro]], porto pesqueiro, conserveiro e de salga.
=== Buques de emigración ===
A emigración transatlántica galega comeza tarde, en 1854 tendo coma destino principal a illa de Cuba. Ás armadoras galegas uníronselle compañías internacionais coma Lloyd Norte Alemán, a Hamburg-Amerika Linie, a Compagnie General Trasatlantique, a Pacific Steam Company, a Chargeurs Reunis, a Booth Steam Ship Company, etc. Só en 1913 emigraron 41.835 galegos ou en 1929 27.287 persoas. A miseria que xeran as guerras civil e mundial (a partir de 1945) fan que volvan atracar en Vigo centos de transatlánticos (entre 1946 e 1955 201.706 persoas saíron do porto de Vigo, e máis de 100.000 entre 1956 e 1960.
Liña 20:
Hoxe en día o tráfico continúa en ascenso<ref>[http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/10/27/germen-desarrollo-social-mercantil/485226.html Artigo en Faro de Vigo sobre a emigración galega dende o Porto de Vigo]</ref> .
O peirao de transatlánticos ten unha lonxitude de 702m (552m de peirao máis a prolongación de 150m) que permiten o atraque simultáneo de dous cruceiros con esloras de máis de 300m; é dicir, de dous cruceiros coas maiores dimensións. É un dos mellores portos naturais, cun calado de 12m.<ref>[http://www.vigocruiseterminal.com/trasatlánticos Web Vigo Cruise Terminal]</ref>
 
== Notas ==
{{Referencias}}