Diferenzas entre revisións de «Xuízo ás Xuntas»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
Se coñece como '''Xuízo ás Xuntas''' o [[Xuízo|proceso xudicial]] realizado pola xustiza civil na [[Arxentina]] en [[1985]], por orde do presidente [[Raúl Alfonsín]] (1983-1989) contra as tres primeiras [[xunta militar|xuntas militares]] da ditadura chamada [[Proceso de Reorganización Nacional]] (1976-1983) por mor das graves e masivas violacións de [[dereitos humanos]] cometidas nese período.
A sentenza condenou a algúns integrantes das tres primeiras [[xunta militar|xuntas militares]] a severas penas por [[crime de lesa humanidade|delitos de lesa humanidade]], incluíndo a [[prisión perpetua]] aos principais responsábeis. Estes foron [[indultos de Menem|indultados en 1990 polo presidente Carlos Menem]]. A partir de [[2006]] a xustiza comezou a declarar inconstitucionais os indultos decretados.
== A decisión de axuizar ás xuntas militares ==
O [[15 de decembro]] de [[1983]], cinco días despois de asumir como presidente, [[Raúl Alfonsín]] sancionou os decretos 157 e 158. Polo primeiro se ordenaba axuizar aos dirixentes das organizacións guerrilleiras [[ERP]] e [[Montoneros]]; polo segundo ordenábase procesar ás [[Proceso de Reorganización Nacional|tres xuntas militares]] que dirixiron o país desde o golpe militar do [[Proceso de Reorganización Nacional|24 de marzo de 1976]] ata a [[Guerra das Malvinas]].
O mesmo día creouse unha Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas [[CONADEP]], integrada por personalidades independentes para relevar, documentar e rexistrar casos e probas de violacións de dereitos humanos, e fundar así o xuízo ás xuntas militares.
 
== A CONADEP ==
{{Artigo principal|CONADEP}}
{{Artigo principal|Informe Nunca Más}}
A CONADEP documentou acabadamente ao redor de 9.000 casos concretos de violacións de dereitos humanos. Pola súa seriedade e neutralidade, o Informe Nunca Más non só constituíu unha proba fundamental no Xuízo contra as Xuntas, se non que produciu un impacto cultural de enorme magnitude na sociedade arxentina.
 
O [[20 de setembro]] de [[1984]] a CONADEP produciu o seu famoso informe titulado '''“[[Informe Nunca Más|Nunca Más]]”''' e os seus membros concorreron a entregalo ao presidente ''Alfonsín'' á [[Casa Rosada]] acompañada dunha multitude de 70.000 persoas <ref>[http://www.todo-argentina.net/historia/democracia/alfonsin/1984.htm ''Raúl Alfonsín (1983-1989)'', Todo Argentina]</ref>.
 
== Poxa entre a xustiza militar e a xustiza civil ==
Logo da sanción do Decreto 158/83, as xuntas militares comezaron a ser axuizadas polo Consello Supremo das Forzas Armadas o [[28 de decembro]] de [[1983]], debido a que nese momento as leis vixentes establecían que os militares só podían ser axuizados por tribunais militares, sen importar o delito cometido.
 
As demoras e a falta de vontade nas Forzas Armadas para axuizar realmente aos xefes militares fíxose evidente desde un comezo. O [[13 de febreiro]] de [[1984]] o Congreso sancionou a Lei 23.049 de reforma do Código de Xustiza Militar establecendo que a xustiza militar só atendería delitos de tipo militar (abandono de garda, deserción, insubordinación, etc.). Calquera outro delito cometido por un militar debía ser atendido pola xustiza civil. Ademais, estableceuse que as sentenzas dos tribunais militares podían ser apeladas ante a Cámara Federal (tribunal civil) e que se o xuízo se demoraba inxustificadamente, a Cámara Federal podía facerse cargo directamente da causa.
 
O [[11 de xullo]] de [[1984]] a Cámara Federal indicoulle ao Consello Suprema das Forzas Armadas que investigase se houbo un método na violación de dereitos humanos e se iso puido ser responsabilidade dos membros das xuntas militares e que lle informase en 30 días. Ante a inmobilidade do tribunal militar, o [[22 de agosto]] a Cámara Federal concedeulle unha ampliación do prazo por 30 días máis.
 
O [[25 de setembro]] o Consello Supremo das Forzas Armadas comunicou unha resolución na que sostiña:
{{Cita|Se hace constar que, según resulta de los estudios realizados hasta el presente, los decretos, directivas, órdenes de operaciones, etcétera, que concretaron el accionar militar contra la subversión terrorista son, en cuanto a contenido y forma, inobjetables".<ref>[http://www.lavaca.org/seccion/bibliovaca/0/488.shtml Ciangaglini, Sergio et al (1995), ''Nada más que la verdad: el juicio a las juntas'', Bos Aires, Planeta]</ref>}}
 
Ante a evidencia de demora inxustificada da xustiza militar para axuizar ás xuntas militares, o [[4 de outubro]] de [[1984]] a Cámara Federal (tribunal civil) tomou a decisión de desprazar ao tribunal militar que estaba axuizando ás xuntas para facerse cargo directamente da causa.
Nese momento o Consello Supremo das Forzas Armadas só tomara declaración indagatoria e ditara prisión preventiva ao almirante [[Emilio Massera]].
 
== O xuízo ==
Os integrantes da Cámara Federal de Apelacións no Criminal e Correccional da Capital Federal que xulgou ás Xuntas Militares foron [[Jorge Torlasco]], [[Ricardo Gil Lavedra]], [[León Carlos Arslanián]], [[Jorge Valerga Araoz]], [[Guillermo Ledesma]] e [[Andrés J. D’Alessio]]. Durante o xuízo, os xuíces rotaron cada semana na presidencia do tribunal.
 
Entre o 30 de setembro e o 21 de outubro realizáronse as defensas dos Xefes Militares, que basicamente sostiveron que se había tratado dunha [[guerra]], e que os actos develados debían ser considerados como circunstancias inevitábeis de toda guerra.
 
== A sentenza ==
O [[9 de decembro]] ditouse a [[Sentenza xudicial|sentenza]] condenando a [[Jorge Rafael Videla]] e [[Emilio Eduardo Massera]] a reclusión perpetua, a [[Roberto Eduardo Viola]] a 17 anos de prisión, a [[Armando Lambruschini]] a 8 anos de prisión e a [[Orlando Ramón Agosti]] a 4 anos de prisión. Os acusados [[Omar Domingo Rubens Graffigna|Omar Grafigna]], [[Leopoldo Galtieri]], [[Jorge Isaac Anaya]] e [[Basilio Lami Dozo]] non foron condenados por non haberse podido probar os delitos que se lles imputaban.
 
{{Cita|En suma puede afirmarse que los comandantes establecieron secretamente, un modo criminal de lucha contra el terrorismo. Se otorgó a los cuadros inferiores de las Fuerzas Armadas una gran discrecionalidad para privar de libertad a quienes aparecieran, según la información de inteligencia, como vinculados a la subversión; se dispuso que se los interrogara bajo tormentos y que se los sometiera a regímenes inhumanos de vida, mientras se los mantenía clandestinamente en cautiverio; se concedió, por fin, una gran libertad para apreciar el destino final de cada víctima, el ingreso al sistema legal (Poder Ejecutivo Nacional o justicia), la libertad o, simplemente, la eliminación física.}}
 
== Transcendencia do fallo ==
Polas características que tivo, a condena ás xuntas militares realizada por un goberno democrático constituíu un feito sen precedentes en América Latina, que contrastou fortemente coas transicións negociadas que tiveron lugar naqueles anos en [[Uruguai]], [[Chile]], [[Brasil]], [[España]], [[Portugal]] e [[Sudáfrica]].
 
Por primeira vez militares latinoamericanos que planearon e realizaron un [[golpe de estado]] contra un goberno constitucional foron axuizados e condenados por un tribunal civil.
 
== Xuízo á última Xunta ==
Os membros da última xunta e o último presidente foron procesados pola redacción do chamado ''Documento Final sobre a Loita contra a Subversión e o Terrorismo'' e a sanción dunha ''lei de autoamnistía''. A razón xurídica utilizada para abrir este xuízo foi que con ese acto encubriuse o secuestro de nenos <ref>[http://www.rionegro.com.ar/arch200602/07/n07j06.php ''Una investigación que lleva tres jueces'', Río Negro on line, 7 de febreiro de 2006]</ref>.
 
== Os indultos do presidente Menem ==
{{Artigo principal|Indultos de Menem}}
 
O [[29 de decembro]] de [[1990]], no marco dunha serie de indultos relacionados coa [[Guerra sucia en Arxentina]], o presidente [[Carlos Menem]] sancionou o Decreto 2741/90 indultando aos ex membros das xuntas militares condenados en 1985.
 
O [[6 de setembro]] de [[2006]] o xuíz Norberto Oyarbide declarou a inconstitucionalidade do Decreto 2741/90 que indultou aos membros das xuntas para procesar a [[Jorge Rafael Videla]] no caso do secuestro dos empresarios Gutheim <ref>[http://blogs.periodistadigital.com/ultimahora.php/2006/09/06/p43529 ''Anulado el indulto que protegía al dictador argentino Jorge Videla'', Periodista Digital, 6 de setembro de 2006]</ref>. Poucos días despois o 19 de setembro de 2006, o máximo tribunal penal da Arxentina, a Cámara de Casación Penal, declarou a inconstitucionalidade do indulto concedido ao xeneral [[Santiago Omar Riveros]] <ref>[http://www.lostiempos.com/noticias/16-09-06/16_09_06_inter1.php ''Tribunal sienta precedente para eliminar indultos en Argentina'', Los Tiempos, 16 de setembro de 2006]</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro
| autor = Ciancaglini, Sergio; Granovsky, Martín
| ano = 1995
| publicación = Buenos Aires: Planeta
| id = ISBN 9507426647950-742-664-7
}}
 
=== Outros artigos ===
* [[CONADEP]]
* [[Guerra sucia en Arxentina]]
* [[Proceso de Reorganización Nacional]]
* [[Raúl Alfonsín]]
* [[Dereitos humanos]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://web.archive.org/20050327010550/ar.geocities.com/confrontar/testimonio.htm ''“Lunes, 22 de julio de 1985”'', por Jorge Luis Borges, Axencia EFE, 22 de xullo de 1985]
* [http://www.lavaca.org/seccion/bibliovaca/0/485.shtml Detallado relato do Xuízo ás Xuntas, Lavaca]
 
[[Categoría:Abusos de dereitos humanos]]
393.002

edicións