Xénero gramatical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 24:
 
== Criterios de adscrición ==
A adscrición concreta de cada substantivo a un determinado xénero varia en función dos criterios propios de cada lingua, sendo moi habitual un chamado ''núcleo semántico'', iso é, que se prioriza a adscrición dos substantivos que se refiren a home ao xénero masculino, de o haber, e a adscrición de referentes animados femias ao xénero feminino, etc. Mais tamén poden operar outros criterios tan variados como, por exemplo, a morfoloxía nominal ou a [[fonética]].
 
O [[lingua galega|galego]] demostra unha tendencia clara cara á adscrición segundo un principio semántico básico en combinación con criterios morfolóxicos. Por exemplo, todos os substantivos findos en “-ción” son femininos. Cumpre dicir, para alén de máis, que a noción de ''núcleo semántico'' está moi aberta a condicionantes sociais, de tal modo que aquelas cousas que unha determinada cultura tende a identificar como masculino se ven habitualmente adscritas tamén ao xénero masculino e vice versa, como acontece en galego ''o sol'' e ''a lúa''.