Xénese: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 35:
=== As tres fontes ===
 
A análise do texto revela diferenzas lingüísticas, de estilo, teolóxicas, etc. En base a este estudo estableceuse que os autores deste libro se agrupan en tres fontes: iavista, eloísta e sacerdotal. Estas tres fontes son, xunto coa chamada deuteronomista, as autoras de todo o Pentateuco.
 
Tradición iavista: Chámase así porque denomina a Deus ''Iavé'' (en hebreo co tetragrama sagrado YHWH). É a tradición máis antiga, arredor do ano [[-950]]. É unha tradición humanista, centrada na relación entre o ser humano e Deus. Considerada a de máis calidade literaria, da súa autoría son, por exemplo, os relatos da creación do home, no capítulo 2 do libro, ou boa parte do relato de Abraám.
Liña 53:
* En primeiro lugar conserva os distintos matices que aportan cada unha das fontes que conforman o libro. Volvendo ao relato da creación, gracias á xustaposición podemos apreciar o estilo cadencioso e solemne do relato sacerdotal e o próximo e vital do iavista; o Deus señor universal que crea o mundo en sete días, e o Deus próximo, máis antropomórfico, que se preocupa porque Adán está só e lle fai falla unha compañeira.
 
* A segunda gran vantaxe e para os estudosos: lingüistas, literatos ou historiadores, que poden acceder, case sen atrancos, ás fontes orixinais do libro, o que facilita percorre-lo traballo de redacción coas distintas mans, as súas influencias, etc.
 
== Estudos e discusións ==
Liña 63:
A narración da historia de Xosé, que viña explicar a orixe das 12 [[Tribos de Israel]], puido ser compilada por cronistas de Israel, no período en que os reinos de Israel e [[Xudá]] estiveran divididos, durante o primeiro milenio antes de Cristo, pois toda a narración salienta a importancia e a nobreza de Xosé (pai das medias tribos de [[Efraín]] e [[Manasés]], as tribos dominantes do Reino do Norte), en contraposición coa indiferenza e a envexa de Xudá (a tribo predominante do Reino do Sur), reflectindo o rancor das tribos de Xosé e a tribo de Xudá naquel período. Ao final da narración, cando Xacob chega a [[Exipto]] e beice aos seus fillos, á tribo de Xudá prometéselle que había reinar sobre todas as outras, o que contradí a finalidade do resto da narración.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===