Xoxoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 39:
Traballos recentes de selección realizados na [[Arxentina]], [[Colombia]] e [[Madagascar]], permitirin dispor hoxe en día de xenotipos capaces de florear e producir en zonas tropicais e subtropicais, onde a inmensa maioría dos [[xenotipo]]s de xoxoba dispoñíbeis comercialmente non logran satisfacer os seus requirimentos mínimos de [[vernalización]] [http://www.fincasdeambato.com.ar/es/paginas/cultivo_06_sec_01.htm#intoduccion]. Por exemplo, no caso de Colombia, nunha zona completamente cálida [[ecuatorial]] no territorio rural de [[Neiva]], a 450 [[msnm]], as plantas e clons seleccionados florean e abren a causa das choivas en inverno, proceso oposto ao cambio de estación e gran baixa de temperatura doutros hemisferios, polo que se pode facer a colleita dúas veces ao ano, característica produtiva única no mundo. Na súa localización orixinaria e demais latitudes onde se produce comercialmente, colléitase só unha vez ao ano, polo que podrla cultivar a escala nestas latitudes ecuatoriais sería unha vantaxe competitiva.
 
En Colombia xa están domesticadas as primeiras plantas coas mellores características de produción e adaptación ao medio tropical cálido e seleccionados os seus primeiros [[clon]]s, obtidos mediante o enraizamento de [[esgallo]]. Sábese que ao contrario doutras especies foráneas, a xoxoba ten demostrado ser moi adaptábel e produtiva fóra do seu [[hábitat]] natural, como xa aconteceu na Arxentina, Perú, Chile, Australia, Israel, Colombia, Madagascar, India, Exipto, Irán, etc. Segundo unha autoridade técnica e científica mundial na materia, Ricardo Ayerza da Arxentina, se se poidese producir xoxoba nas latitudes tropicais sería un éxito agroindustrial enorme por obvias razóns.
 
Nunca houbo problema para a súa comercialización. A demanda está moi por riba da oferta dunhas 300.000 toneladas anuais e non houbo nunca problema para pór a xoxoba no mercado, é unha das especies que se poden cultivar baixo a modalidade de cultivo por contrato. Actualmente existen comercializadoras de aceite de xoxoba en todo o mundo dispostas a asinar contratos de compra de sementes a futuro cos produtores, no momento mesmo no que estes realicen a plantación.