Xogos da Commonwealth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova Celandia -> Nova Zelandia
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 1:
Os '''Xogos da Commonwealth''' (en [[lingua inglesa|inglés]] '''''Commonwealth Games''''') son un evento multideportivo que se celebra cada catro anos e no que participan deportistas dos países que forman a [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]].
 
Veñen ser unha versión reducida duns [[Xogos Olímpicos]], semellantes a outros xogos rexionais que se celebran en distintas partes o mundo, como os [[Xogos Panamericanos]], os [[Xogos Asiáticos]], os [[Xogos Mediterráneos]], etc. Nos Xogos da Commonwealth, ademais dos deportes habituais como o [[atletismo]], a [[natación]], a [[ximnasia]] ou o [[ciclismo]], dispútanse competicións de deportes típicos dos países membros como o [[squash]], o [[rugby]] a sete, os [[birlos]] ou o netball. Tamén se celebran probas para deportistas con algunha discapacidade.
 
Como notas destacadas podemos dicir que os catro países que forman [[Gran Bretaña]] ([[Inglaterra]], [[Escocia]], [[Gales]] e [[Irlanda do Norte]]) compiten en equipos separados, a diferenza do que ocorre por exemplo nos [[Xogos Olímpicos]], onde todos representan a Gran Bretaña. Tamén participan con delegacións independentes algúns territorios que pertencen a Gran Bretaña como a [[Illa de Man]] ou a [[Illa de Xersei]].