Diferenzas entre revisións de «Xoana I de Castela»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
=== Arquiduquesa de Austria ===
[[Ficheiro:Juanna_Filips_Klein.jpg|miniatura|esquerda|300px|[[Filipe o Fermoso]] e Xoana I de Castela]]
Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que rexía [[Maximiliano I de Habsburgo]], e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da [[Casa de Valois]], os [[Reis Católicos]] ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, ''[[Filipe I de Castela|Filipe de Habsburgo]]'', [[arquiduque de Austria]], [[duque de Borgoña]], [[duque de Brabante|Brabante]], [[duque de Limburgo|Limburgo]] e [[duque de Luxemburgo|Luxemburgo]], conde de [[condado de Flandres|Flandres]], de [[Habsburgo]], de [[Hainaut]], de [[Holanda (rexión)|Holanda]], de [[Zelandia]], do [[Rexión de Tirol|Tirol]] e de [[Artois]], señor de [[Antuerpen]] e [[Malinas]], etc. A cambio deste enlace, os [[Reis Católicos]] pediron a man da filla de Maximiliano, [[Margarida de Austria]], como esposa para o príncipe [[Xoán de Aragón]]. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en [[1489]] foi solicitada en matrimonio polo rei [[Escocia]], [[Xaime IV de Escocia|Xaime IV]], da [[Casa de Estuardo|dinastía Estuardo]].
 
A pesar da súa vontade de facerse [[monxa]], en [[agosto]] de [[1496]], tendo 16 anos, os seus pais embarcárona desde a praia cantábrica de [[Laredo, Cantabria|Laredo]], nun dos navíos xenoveses do capitán Juan Pérez. Mais a frota incluía, para demostrar o esplendor da [[Coroa de Castela|coroa castelá]] nas terras do Norte e, sobre todo para mostrar o seu poder ao hostil rei [[Francia|francés]], outros 131 buques, desde naos a [[Carabela (embarcación)|carabelacarabelas]]s, e cunha tripulación de 15.000 homes. Xoana foi acompañada pola súa nai e os seus irmáns.
 
A travesía tivo algúns contratempos que obrigaron a buscar refuxio na [[Illa de Portland]], [[Inglaterra]], o [[31 de agosto]]. Cando finalmente a frota puido arribar a [[Middelburg]] ([[Zelandia]]), unha das embarcacións [[Xénova|xenovesas]] que transportaba 700 homes, afundiuse, e con ela as vestimentas de Xoana e moitos dos seus efectos persoais.
=== Descendencia ===
. Do matrimonio con Filipe naceron:
* a infanta [[Leonor de Habsburgo]] ([[1498]]-[[1558]]), casada en [[1519]] con '''[[Manuel I de Portugal]]''' e en [[1530]] con '''[[Francisco I de Francia]]'''
* o príncipe '''[[Carlos I de España]]''' ([[1500]]-[[1558]]), '''rei de [[Coroa de Castela|Castela]]''', '''rei de [[Aragón]]''' e emperador do '''[[Sacro Imperio Romano Xermánico]]'''
* a infanta [[Isabel de Habsburgo]] ([[1501]]-[[1526]]), casada en [[1515]] con '''[[Cristián II de Dinamarca]]'''
Cando no [[1503]] o seu marido, Filipe, decidiu viaxar para atender asuntos, parece que se agravou o seu estado mental. Decidiu, porén, partir para Castela e morar ao lado dos seus pais, especialmente a petición da súa nai, que estaba preocupada pola súa saúde, pois estaba entón grávida por cuarta vez, deixando en [[Bruxelas]] aos seus tres fillos pequenos.
 
Morta Isabel a Católica o [[26 de novembro]] de [[1504]], aparecía o problema da sucesión na Coroa de Castela. Pola [[Concordia de Salamanca]] ([[1505]]) acordouse o goberno conxunto de Filipe o Fermoso, Fernando o Católico e máis a propia Xoana. As malas relacións entre Filipe, a quen apoiaba a nobreza castelá, e o seu sogro, Fernando, levaron a que este último renunciase a exercer o poder na Coroa de Castela ([[Concordia de Villafáfila]] de [[1506]]) e evitar un posíbel enfrontamento armado. Fernando o Católico centrouse nos asuntos da súa propia coroa.
 
=== Morte de Filipe o Fermoso ===
393.002

edicións