Xeración beat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise con d:Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 2:
A expresión '''Beat Generation''' xorde durante unha conversación entre [[Jack Kerouac]] e [[John Clellon Holmes]] en 1948. A intención dos seus membros non era a de darlle un nome, senón "desnomeala". A finais de 1952 apareceu no [[New York Times]] Magazine un artigo de John Clellon Holmes titulado "This is the Beat Generation" que captou a atención do público.
 
O termo comezou a utilizarse de tal xeito, e sen discriminación algunha, ata o punto de que en 1959 Kerouac considerou necesario corrixir publicamente o abuso desta denominación nos medios de comunicación, onde se empregaba coas connotacións de "totalmente vencido", ou fracasado, ou no sentido de "ritmo". Jack intentou amosar o sentido correcto de "beat" suxerindo a súa relación con palabras como "beatitude" e "beatífico", conexión que se explicaba porque, nos seus ideais, o movemento beat sentíase atraído pola natureza da conciencia orientada á comprensión do pensamento oriental, de cara a prácticas de meditación, etc. Esta "redefinición" que Kerouac facía do termo pretendía orientar cara a imaxes simbólicas do estilo da derrota ou escuridade necesarias, precedentes á apertura á luz e a supresión do ego que conducen á iluminación relixiosa.
 
Como reacción e coa intención de parodiar e desprestixiar o movemento beat, en 1958 apareceu o termo "[[beatnik]]", produto da fusión das palabras "beat" e "[[Sputnik]]", o primeiro satélite en alcanzar o espazo exterior ese mesmo ano, de fabricación rusa, suxerindo unha condición [[antiamericanismo|antiamericana]] (antiestadounidense) e [[comunista]] do movemento beat.