Web semántica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *descritivos e outros
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
A '''Web Semántica''' ten como obxectivo crear un medio universal para o intercambio de información baseado en representacións do significado dos recursos da Web, dun xeito intelixible para as máquinas. Con iso preténdese ampliar a interoperabilidade entre os sistemas informáticos e reducir a mediación de operadores humanos nos procesos intelixentes de fluxo de información. O precursor da idea, Tim Berners-Le, membro fundador do [[W3C]], esfórzase en que a súa proposta da Web semántica sirva para ampliar a capacidade da [[World Wide Web]] mediante estándares, [[linguaxe de marcado|linguaxes de marcado]] e outras ferramentas aplicables ao seu tratamento.
 
== Relación coa World Wide Web ==
Na actualidade, a World Wide Web está baseada principalmente en documentos escritos en [[HTML]], unha linguaxe de marcas que serve para crear hipertexto en Internet. HTML é válido para adecuar o aspecto visual do documento e incluír obxectos multimedia no texto (imaxes, esquemas de diálogo, etc.). Pero dá poucas posibilidades para categorizar os elementos que configuran o texto máis aló das típicas funcións estruturais, como sucede con outras linguaxes de maquetación (tipo [[LaTeX]]).
 
HTML permite mediante unha ferramenta de visualización (como un [[navegador web]] ou un [[axente de usuario]]) mostrar por exemplo un catálogo de obxectos en venda. O código HTML deste catálogo pode explicitar aspectos como "o título do documento" é Ferretería Acme; pero non hai forma de precisar dentro do código HTML se o produto M270660 é unha "batería Acme", con un "prezo de venda ao público" de 200 €, ou se é outro tipo de produto de consumo (é dicir, é unha batería eléctrica e non un instrumento musical, ou un pucheiro). O único que HTML permite é aliñar o prezo na mesma fila que o nome do produto. Non hai forma de indicar "isto é un catálogo", "batería Acme" é unha batería eléctrica, ou "200 EUR" é o prezo. Tampouco hai forma de relacionar ambos datos para describir un elemento específico en oposición a outros similares no mesmo catálogo.
Liña 26:
Os provedores primarios desta tecnoloxía son as [[URI]]s que identifican os recursos xunto con [[XML]] e os [[Espazo de nomes|Espazos de nomes]] (''namespaces''). Se a isto engádese un pouco de lóxica, mediante unha [[RDF]], ou outras tecnoloxías como os mapas temáticos e algo de razoamento baseado en técnicas de [[intelixencia artificial]], a [[World Wide Web|Web]] estará lista para alcanzar as aspiracións do seu inventor [[Tim Berners-Lee]].
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* [http://www.ii.uam.es/~castells Pablo Castells] (2003) [http://www.ii.uam.es/~castells/publications/castells-uclm03.pdf <cite>La web semántica</cite>]. Universidad Autónoma de Madrid
* [http://sindominio.net/biblioweb/telematica/bibdigwebsem.html Carolina García Cataño y David Arroyo Menéndez (2002) Biblioteca Digital y Web Semántica]
* [[Asunción Gómez Pérez]], [[Mariano Fernández López]], [http://users.isoco.net/~ocorcho/index.html Oscar Corcho]: <cite>Ontological Engineering: with examples from the areas of Knowledge Management, e-Commerce and the Semantic Web</cite> [[Springer]], ISBN 1-85233-551-3
* [[Michael C. Daconta]], [[Leo J. Obrst]], [[Kevin T. Smith]]: <cite>The Semantic Web: A Guide to the Future of XML, Web Services, and Knowledge Management</cite>, John Wiley & Sons, ISBN 0-471-43257-1
Liña 37:
* [[John Davies (knowledge engineer)|John Davies]], [[Dieter Fensel]], [[Frank van Harmelen]]: <cite>Towards the Semantic Web: [[Ontology]]-Driven Knowledge Management</cite>, John Wiley & Sons, ISBN 0-470-84867-7
 
=== Outros artigos ===
* [[W3C]]
* [[WordNet]]
Liña 46:
* [[Intelixencia artificial]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.freepint.com/issues/270504.htm#feature Libby Miller and Simon Price: ''The Semantic Web is Your Friend''], FreePint 27 maio 2004 No.160
* [http://www.w3.org/2001/sw/Activity Semantic Web Overview]