Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
}}
[[Ficheiro:Albrecht Dürer 010.jpg|miniatura|A Virxe María, por [[Alberto Durero]].]]
A '''Virxe María''', '''Santa María''' ou simplemente '''María''' (''Mariam:'' {{lang-el|Μαριάμ}}; {{lang-he|מרים}}; {{lang-ar|مَريَمْ}}) foi unha muller [[xudeu|xudía]] de [[Nazaret]] ([[Galilea]]), considerada segundo as tradicións [[Cristianismo|cristiá]] e [[Islam|musulmá]] a [[nai]] de [[Xesús de Nazaret]] e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de [[Deus]]. Entre outros dos seus nomes e títulos están o de [[Benaventurada Virxe María (catolicismo)|Benaventurada Virxe María]] e [[Nai de Deus]] nas [[cristianismo occidental|igrexas occidentais]], e o seu equivalente ''[[Theotokos]]'' no [[cristianismo oriental]], e [[Perspectivas islámicas sobre María|''Maryam'']], nai de [[Perspectivas islámicas de Xesús|''Isa'']] (Xesús) no [[islam]]. Os cristiáns manteñen que o seu fillo Xesús é [[Cristo]] (é dicir, o [[mesías]] prometido ao [[pobo xudeu]]) e [[Deus Fillo]] [[encarnación (cristianismo)|encarnado]], mentres que para os musulmáns é o mesías e un dos [[profeta]]s más importantes enviados por [[Deus]] á humanidade.
 
Segundo os [[Evanxeos canónicos]] de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] e [[Evanxeo de Lucas|Lucas]], María era una virxe (en [[lingua grega|grego]] ''παρθένος, parthénos'')<ref>Mateo 1:23</ref> que concibiu ó seu fillo Xesús sen intervención de ningún home (de aí o título de "Virxe"), por obra do [[Espírito Santo]]. Os musulmáns cren que concibiuno de xeito milagroso por intervención divina. Isto tivo lugar cando ela xa estaba [[esponsais|prometida]] a [[Xosé de Nazaret|San Xosé]] mais aínda non estaba casada. Casou con el e acompañouno a [[Belén]], onde naceu Xesús.
O [[Novo Testamento]] comeza a súa crónica da vida de María coa [[Anunciación]], cando o arcanxo [[Gabriel]] aparecéuselle e anuncioulle a súa escolla divina para ser nai de Xesús. A [[tradición da Igrexa]] e o [[Protoevanxeo de Santiago]] ([[Evanxeos apócrifos|apócrifo]]) falan dos seus pais como unha parella de avanzada idade, San [[Xoaquín, pai de María|Xoaquín]] e Santa [[Ana, nai de María|Ana]].
 
Os cristiáns da [[Igrexa Católica]], da [[Igrexa Ortodoxa]], da [[ortodoxia oriental]], da [[Comuñón Anglicana]] e das igrexas [[luterana]]s cren que María, como nai de Xesús, é Nai de Deus (Μήτηρ Θεοῦ) e a ''Theotokos'', "portadora de Deus". María ten recibido [[veneración]] dende os comezos do cristianismo, a través de numerosas [[advocación mariana|advocacións]] (Virxe de Fátima, de Lourdes, etc.). Hai unha grande diversidade na [[marioloxía]] e prácticas devocionais das diferentes tradicións cristiás. A [[Igrexa Católica]] ten unha serie de [[dogma]]s marianos, como a [[Inmaculada Concepción]], a [[Virxindade]] perpetua de María e a súa [[Asunción de María|Asunción]] ao [[Ceo (cristianismo)|Ceo]].
 
== María nos textos relixiosos cristiáns ==
Temos dúas fontes principais para achegarnos á primeira visión cristiá sobre María. Os [[Evanxeo]]s canónicos, sobre todo os relatos da infancia, e os [[Evanxeos apócrifos]], principalmente o [[Protoevanxeo de Santiago]]. Non son fontes que se poidan poñer en igualdade en canto a fiabilidade, haberá que telo en conta se queremos achegarnos a un esbozo de biografía de María de Nazaret.
 
=== O Protoevanxeo de Santiago ===
Presenta o nacemento e infancia de María facendo un paralelismo co relato que fan os evanxeos sobre o nacemento e infancia de [[Xesús de Nazaret]]. A súa validez histórica é moi pouca, baste dicir que conteñen contradicións cos Evanxeos en puntos importantes (o matrimonio de Xosé e María), ou que está cheo de inexactitudes históricas ou de absoluta ignorancia da cultura xudía (o voto de virxindade de María).
 
* O neno Xesús entretense facendo pombiñas de barro e soprándolle para darlles vida. Pombiñas que un [[Xudas Iscariote]] neno rompe cun pau.
 
=== Evanxeos da infancia ===
Son os Evanxeos de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] e [[Evanxeo de Lucas|Lucas]] os que recollen uns relatos sobre o nacemento e os primeiros anos da vida de Xesús. Os relatos difiren en moitos aspectos: Mateo fala dos [[Reis Magos|Magos]] ou da matanza dos inocentes, Lucas cóntanos a adoración dos pastores ou detense con máis detalle no nacemento de [[Xoán o Bautista]].
 
Pero aínda coas súas diferenzas, os dous relatos teñen elementos comúns<ref>Brown, Raymond: ''El Nacimiento del Mesías. Comentario a los Evangelios de la Infancia'', pax. 29</ref>:
# Os pais de Xesús son María e Xosé, que están legalmente prometidos pero non casados (Mt 1,18; Lc 1,27.34).
# Xosé é da casa de David (Mt 1,16.20; Lc 1,27.32)
# Un anxo anuncia o nacemento do neno (Mt 1,20-23; Lc 1,30-35)
# María concibe ao neno sen o concurso do marido (Mt 1,20.23.25; Lc 1,34)
# A concepción é por obra do Espírito Santo (Mt 1,18.20; Lc 1,35)
# O anxo di que o neno debe de chamarse Xesús (Mt 1,21; Lc 1,31)
# Un anxo afirma que Xesús é o salvador (Mt 1,21; Lc 2,11)
# O neno nace cando os seus país xa viven xuntos como matrimonio (Mt 1,24-25; Lc 2,5-6)
# O nacemento ten lugar en [[Belén]] (Mt 2,1; Lc 2,4-6)
# O nacemento é en tempos de [[Herodes]] (Mt 2,1; Lc 1,5)
# O neno criouse en [[Nazaret]] (Mt 2,23; Lc 2,39)
 
O que amosan de María os evanxeos da infancia podemos resumilo no seguinte: é unha moza xudía prometida cun home chamado Xosé, á que se lle anuncia que, pola forza do Espírito Santo, concibirá a un neno que será salvador do mundo e que se chamará Xosé.
Co tempo a familia instálase en Nazaret, onde Xosé exerce de carpinteiro ou artesán.
 
=== Vida pública de Xesús ===
Durante a vida pública de Xesús, María aparece de forma puntual pero nunca co seu marido, o que fai pensar aos estudosos que nese tempo xa era viúva. Si que aparece emparentada con outros seguidores de Xesús, como María Cleofé ou os seus fillos.
 
Ten unha destacada presenza no momento da paixón, ao pé da cruz do seu fillo. Xesús encárgalle ao discípulo amado (seguramente Xoán o Evanxelista) que coide da súa nai. Despois do descendemento, Nicodemo pon o cadáver de Xesús no colo de María.
 
=== Nos [[Feitos dos Apóstolos]] ===
[[Ficheiro:Cuntis 01-04.jpg|miniatura|esquerda|250px|Coroación da Virxe, na fachada da igrexa de [[Cuntis, Cuntis|Santa María (Cuntis, Pontevedra)]].]]
María está reunido co resto do grupo de discípulos de Xesús o día do [[Pentecoste]], cando a chegada do Espírito Santo enche de forza a aquela primeira comunidade para saír a anunciar de Xesús é o Cristo e que morreu e resucitou.
Esta é a derradeira aparición de María no [[Novo Testamento]].
 
=== Últimos anos segundo a tradición cristiá ===
[[Ficheiro:House of the Virgin Mary.jpg|miniatura|''Casa da Virxe María'' en Éfeso (en realidade, unha construción do século VII)]]
Sobre a súa morte, hai dúas tradicións:
Na evolución que hai dunha tradición a outra (pasar de falar de "morte e sepultura" a "dormición") podemos ver xa unha constante na imaxe que as igrexas católica e ortodoxa, non así as protestantes, transmiten de María. A progresiva espiritualización ou mitificación da súa figura, esquecendo a súa realidade histórica.
 
== Notas para unha biografía ==
Tendo en conta o recollido ata aquí das fontes dispoñibles, podemos aportar uns elementos cos datos máis seguros que nos poderían achegar á biografía de María:
 
* Nada sabemos das circunstancias da súa morte.
 
=== Os irmáns de Xesús ===
En dúas ocasións se nos fala nos Evanxeos dos irmáns de Xesús: cando os veciños de Nazaret queren matar a Xesús e cando a súa familia quere levalo canda eles porque o dan por tolo.
 
''Véxase tamén: [[:Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa María]]''
 
=== Cristianización dos cultos precristiáns ===
A introdución do cristianismo na [[Gallaecia]] caracterizouse, como en xeral sucedeu en toda Europa, por un proceso de asimilación dos vellos cultos orixinais dos pobos cristianizados. Os casos máis notables son, con toda seguridade, as festas de [[Nadal]] e [[Xoán o Bautista|San Xoán]], versións cristianizadas das festas dos [[solsticio]]s de verán e de inverno (as [[saturnais]]).
 
No mesmo senso de unión entre auga, fertilidade e advocación feminina, aínda que situado no litoral, está a [[Nosa Señora da Lanzada]], en [[Noalla, Sanxenxo|Noalla]], [[Sanxenxo]]. Nesta caso, ademais, está ligada aos cultos propios do solsticio de verán, cristianizados como festa da [[noite de San Xoán]].
 
=== Influencia das ordes relixiosas ===
Outras advocacións marianas enraízan en Galicia traídas polas diferentes ordes relixiosas que aquí teñen as súas obras pastorais:
* A [[Virxe do Carme]], orixinalmente ligada ás distintas ramas dos [[Carmelitas]], asenta en Galicia e, en xeral, en toda a España litoral, como patroa das xentes do mar: dos mariñeiros, da [[Armada española]]...
* María Auxiliadora, traída polos [[Orde salesiana|salesianos]].
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Jesús: aproximación histórica|nome= José Antonio|apelidos= Pagola|ligazónautor= |ano= 2007|editor=PPC |localización= Madrid|isbn= }}
* {{Cita libro |título= Jerusalén en tiempos de Jesús|nome= Joachim|apelidos= Jeremias|ligazónautor= |ano= 2000|editor=Ediciones Cristiandad |localización= Madrid|isbn= 8470572091}}
* {{Cita libro |título= El Nacimiento del Mesías (Comentario a los Relatos de la Infancia)|nome= Raymond E.|apelidos= Brown|ligazónautor= |ano= 1982|editor=Ediciones Cristiandad |localización= Madrid|isbn=8470573020}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Protoevanxeo de Santiago]]
* [[Virxe do Carme]]
381.287

edicións