Vertebrados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 18:
Os '''vertebrados''' (''Vertebrata'') ("os que teñen [[vértebra]]s"), son un [[Filo|subfilo]] moi diverso de [[Chordata|cordados]] que comprende aos animais con espiña dorsal ou [[columna vertebral]] composta de [[vértebra]]s.
 
Inclúe case 62&nbsp;000 [[especies]] actuais<ref name=cha>[http://www.environment.gov.au/biodiversity/abrs/publications/other/species-numbers/2009/03-exec-summary.html Chapman, A. D., 2009. ''Numbers of Living Species in Australia and the World'', 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618]</ref> e moitas máis [[fósil]]es.
 
Aínda que procedentes do medio [[auga doce|dulciacuícola]], os vertebrados conseguiron evolucionar no [[mar]] e pasar, posteriormente, ao medio [[terra|terrestre]], onde dominan na actualidade logrando colonizar e adaptarse a diferentes ambientes, incluídos os máis difíciles e inhóspitos.
Liña 28:
Os vertebrados teñen [[simetría bilateral]] e están dotados dun [[cranio]] que protexe o [[cerebro]], e [[esqueleto]] [[cartilaxe|cartilaxinoso]] ou [[Óso|óseo]], que comprende unha parte [[axial]] [[metámero|metamerizada]] ([[columna vertebral]]).
Segundo os autores o subfilo comprende entre 50&nbsp;000 e case 62&nbsp;000 [[especie]]s actuais (a maioría, [[peixes]]).<ref>Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005) ''Invertebrados'', 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.</ref> <ref name=cha/>
 
Os vertebrados típicos teñen o corpo dividido claramente en tres rexións: [[cabeza]], [[Tronco (anatomía)|tronco]] e [[cola (zooloxía)|cola]]. O '''tronco''' a súa vez está subdivido en [[tórax]] e [[abdome]]. Do tronco proxéctanse as extremidades, que son impares nas [[lampreas]] e pares no resto dos vertebrados. Presentan [[notocordio]] durante o [[embrioxénese|desenvolvemento embrionario]], que se transforma en columna vertebral en estado adulto. A '''cabeza''' está ben diferenciada, e nela agrúpanse a maioría dos [[órgano (bioloxía)|órganos]] [[Sentido (bioloxía)|sensoriais]] e [[nervio]]sos; a estrutura cranial dos vertebrados, que [[fósil|fosiliza]] con facilidade, foi fundamental para coñecer a súa evolución.
Liña 50:
=== Sistema dixestivo ===
O aparato dixestivo dos vertebrados evolucionou a partir das primeiras formas que se alimentaban mediante sistemas de filtración, ata os vertebrados macrofáxicos, o que ocasionou unha serie de adaptacións dos diferentes elementos que interviñan: dentais, mastigadores, musculares, e incluso das propias cavidades internas, tales como os compoñentes enzimáticos necesarios para realizar a dixestión.<br>
O aparato dixestivo dos vetebrados consiste en [[boca]] (ou cavidade oral), [[farinxe]], [[esófago]], [[estómago]], [[intestino]] e [[Ano (anatomía)|ano]]. Estes órganos están asociados a outras formacións glandulares anexas, tales como as [[glándula salivar|salivares]], [[fígado]] e [[páncreas]]. Nos tetrápodos, a cavidade bucal é de complexidade crecente; nela desenvólvense un conxunto de estruturas auxiliares, tales como [[Labios (boca)|labiolabios]]s, [[Lingua (anatomía)|lingua]], [[padal]] e [[dente]]s.<br>
O estómago está tipicamente dividido en tres rexións; no caso dos [[ruminante]]s (pola súa adaptación a dietas herbívoras) presentan un estómago de catro cavidades). Nas aves distínguese un proventrículo e unha moega trituradora; e no esófago un divertículo denominado popularmente papo.<br>
O intestino está composto dunha porción estreita (o [[intestino delgado]]), e outra máis curta e ancha (o [[intestino groso]]). No primeiro vértense a [[bile]] do fígado e o zume pancreático, que realizan unha función [[proteólise|proteolítica]] ([[hidrólise]] das proteínas), e se absorben os nutrientes a través dos ''[[microvilli]]''. No intestino groso se absorbe a auga e se forman os refugos ou feces.
Liña 60:
 
=== Sistema endócrino ===
O [[sistema endócrino]] dos vertebrados está moi perfeccionado; mediante as [[hormona]]s rexe múltiples funcións do organismo. Está controlado polo [[hipotálamo]] e a [[hipófise]] que, mediante a elaboración de mensaxes bioquímicas, exercen a súa acción sobre as gónadas, páncreas, glándulas suprarrenais, etc.
 
== Reprodución ==