Variedade diafásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
Chámanse '''variedades diafásicas''' as diferentes formas de falar que ten unha mesma persoa en función do [[contexto]] da comunicación.
 
== Concepto ==
Catro factores básicos
:* o [[tema]] (xeral ou especializado),
:* a canle (oral ou escrita),
:* a intención (informar, divertir, convencer, etc.)
:* e o nivel de formalidade (grao de relación entre o emisor e o receptor).
provocan que nas situacións comunicativas se distingan dúas variedades básicas (ainda que pode haber mais) de carácter diafásico: o rexistro formal e o rexistro informal, ou, dito doutro xeito, o [[código lingüístico|código]] elaborado e o código restrinxido.
 
A variedade ou '''rexistro formal''' utilizase en xeral na escrita e en contextos orais formais. Presenta as seguintes características:
:* Presenta un [[código lingüístico|código]] elaborado (como sucede no [[variedades diastráticas|nivel culto]]).
:* Sintaxe variada e organizada.
:* riqueza e precisión léxica.
:* Adecuación á norma estándar.
:* O [[tema]] adoita ser especializado.
:* A intención da comunicación impersoal e obxectiva.
:* O nivel de formalidade alto ou neutro.
:* Procúrase unha [[lingua]] expresiva, aínda que non resulte económico.
 
É de uso minoritario. É o rexistro propio da administración, da ensinanza, dos medios de comunicación de masas,...
 
A variedade ou '''rexistro informal''' representa aqueles actos de [[fala]] espontáneos que tratan temas cotiáns, con intención persoal ou subxectiva e cun nivel baixo de formalidade; é a lingua oral coloquial ou familiar. Entre as características [[lingüistica]]s deste rexistro podemos sinalar as seguintes:
:* grande riqueza de [[entoación]]s, uso de exclamacións e interrogacións retóricas.
:* emprego de [[Elipse (lingua)|elipseelipses]]s e presuposicións, pois o emisor e o receptor dan por suposto parte da mensaxe á que se refiren implicitamente.
:* abundancia de pronomes persoais tónicos.
:* a [[sintaxe]] é desordenada: [[anacoluto]]s, reiteracións, rupturas na mensaxe, etc.
:* o seu [[léxico]] é restrinxido, abundan as frases feitas e tics ou comodíns: ''non sei, eee, cousa, chisme, tío,'' etc.
:* uso de [[castelanismo]]s e de [[dialectalismo]]s.
:* predominan as [[función da linguaxe|funcións da linguaxe]] expresiva e apelativa.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Variedades diacrónicas]] ou históricas.
* [[Variedades diatópicas]]: falares ou [[dialecto]]s xeográficos.
* [[Variedades diastráticas]]: variacións na [[lingua]] segundo a [[clase social]].
 
[[Categoría:Lingüística]]