Valladolid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Valladolid no es la capital de Castilla y León oficialmente
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 50:
'''Valladolid''' é unha cidade española situada no centro da Comunidade Autónoma de [[Castela e León]], na confluencia dos ríos [[río Pisuerga|Pisuerga]] e [[río Esgueva|Esgueva]]. É a capital da provincia de Valladolid, así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do [[Imperio Español]]. Actualmente é a décimo terceira cidade máis grande de [[España]].
 
== Xeografía ==
Valladolid está situada no centro da Submeseta setentrional, cunha altura media de 698 m, e hidrograficamente encóntrase emprazada na cunca do [[río Douro|Douro]]. O relevo valisoletano está conformado por unha chaira, interrompida por pequenas series de outeiros, como o ''Cerro de San Cristóbal'', a poucos quilómetros da capital. As coordenadas da cidade son 41°38′ N e 4°43′ O.
 
=== Hidrografía ===
Valladolid áchase na confluencia do [[río Pisuerga]] e o [[río Esgueva|Esgueva]], que xunto co [[Canal de Castela]] e máis o [[Canal do Douro]] completan a rede hidrográfica da cidade.
 
O Pisuerga ofrece na actualidade diversas opcións de ocio e cultura. A embarcación ''La Leyenda del Pisuerga'' permite admirar e gozar da natureza sen se mover do centro da capital. Trátase dun barco de 25 metros de [[eslora]] e 6 de calado. A súa saída realízase desde a ''Estación de Embarque'' (''Parque de las Moreras'') río abaixo ata a localidade de [[Arroyo de la Encomienda]], podendo, durante a navegación, observar de preto a flora e a fauna da cunca do Pisuerga.
 
Ademais, Valladolid dispón dunha praia fluvial artificial, a ''Playa de las Moreras'', que permite tomar o sol en pleno centro e incluso darse un baño no propio Pisuerga.
 
=== Demografía ===
Posuía unha poboación de 319.943 habitantes ([[Instituto Nacional de Estadística de España|INE]], [[2006]]).
 
Liña 75:
id:d value:rgb(0.6,0.7,0.8)
 
ImageSize = width:700 height:350
PlotArea = left:50 bottom:30 top:30 right:30
DateFormat = x.y
Period = from:0 till:400000
TimeAxis = orientation:vertical
AlignBars = justify
ScaleMajor = gridcolor:b increment:50000 start:0
ScaleMinor = gridcolor:a increment:10000 start:0
Liña 133:
|330.700|319.805|316.580|321.713|321.001|319.943}}
 
=== Clima ===
[[Ficheiro:Clima Valladolid (España).PNG|miniatura|250px|Climograma de Valladolid]]
O clima de Valladolid é de tipo mediterráneo continental. O vello proverbio castelán "Nueve meses de invierno y tres de infierno", descríbeo con perfección. As temperaturas son frescas, cunha media anual de 12,3 °C; nos invernos son frecuentes as xeadas (61 dias de xelo/ano, como media) e as nevadas, aínda que as nevadas fortes sexan raras, por mor da situación xeográfica da cidade. Os veráns son en xeral cálidos e secos, con temperaturas máximas de arredor de 30 °C, mais con mínimas frescas de abondo. Os récords de temperaturas son 48,2 °C , rexistrada o [[15 de agosto]] de [[2003]], e -11,5 °C o [[14 de febreiro]] de [[1983]]. No observatorio de Villanubla as temperaturas son aínda máis baixas. As precipitacións, bastante raras, converten a zona de Valladolid na máis árida [[Meseta (xeografía)|Meseta]] Norte, pero distribúense de xeito abondo regular ao longo do ano, sendo os meses máis secos marzo e os estivais. A media anual de insolación é de 2.534 horas, con 71 días de chuvia.
 
{| class="wikitable" align="center"
Liña 149:
|}
 
== Historia ==
=== Idade Media ===
[[Ficheiro:Mi ciudad.JPG|miniatura|esquerda|250px|Vista de Valladolid]]
No século XI, durante a repoboación da Meseta Norte, o rei de León [[Afonso VI]], encomendou ao conde de Saldaña e Carrión, [[Pedro Ansúrez]], o seu poboamento. Ata que Afonso VI outorga o señorío da mesma a Pedro Ansúrez, en 1072, non se produce o medramento da cidade. Ansúrez fixo construír un pazo para él e a súa esposa, Eylo, que non se conserva. Tamén edificou a Colexiata de Santa María (que lle conferíu rango de vila) e a igrexa de Santa María la Antigua. En 1208 [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] faina cidade cortesá.
Liña 161:
on 1489 estabelécese definitivamente o tribunal da [[Chancelaría|Chancelaría de Valladolid]] e, en 1500, o da [[Inquisición]], dando lugar á celebración de [[Auto de Fe|Autos de Fe]].
 
=== Idade Moderna ===
En 1506 falece en Valladolid [[Cristovo Colón]], sendo aquí enterrado, no mosteiro de San Francisco.<br/>
Durante un tempo, a cidade perde os seus [[privilexio]]s, retirados polo rei [[Carlos I de España|Carlos I]], en represalia pola adhesión de Valladolid ao levantamento dos [[Comuneiros]], que se lle opuxeran. Máis tarde, porén, Valladolid converteuse nunha das capitais do [[Imperio español]] de Carlos, cobrando grande importancia política, xudicial e financeira.
 
O [[21 de maio]] de [[1527]] naceu o futuro [[Filipe II de España|Filipe II]] no ''Pazo Pimentel''. En 1561 a cidade foi arrasada por un vasto incendio, tras o cal Filipe II comprometeuse a reconstruír a cidade, dotándoa da primeira Praza Maior regular de España (modelo de outras máis coñecidas, como a de [[Madrid]], de 1617, ou [[Salamanca]], de 1729). A súa decisión de fixar a corte real en Madrid, no só deixou unha catedral a medio construír, senón que supuxo unha época de decadencia, da que a cidade no comezou a recobrar ata o [[século XIX]]. O [[10 de xaneiro]] de [[1601]], a instancias do [[valido]] de Filipe III, o [[Duque de Lerma]], foi trasladada novamente a corte a Valladolid, mais volveuse mudar o [[6 de abril]] de [[1606]]. Entre tanto, naceu o príncipe Filipe (8 de abril de 1605), futuro Filipe IV e súa irmá, Ana de Austria, futura raíña de Francia e mai de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]]. Neste curto período de sede real, Cervantes publicou a súa primeira edición do Quixote (pero en Madrid), en 1604, mentres vivía aquí; tamén residiron en Valladolid, nestes anos, [[Francisco de Quevedo|Quevedo]] e [[Luis de Góngora|Góngora]].
 
=== Século XIX ===
O [[31 de maio]] de [[1808]] foi o ''dous de maio''. A insurrección desperta a preocupación do marechal de [[Bessières]]. Como consecuencia, prepárase a [[batalla de Cabezón]], que se producirá o 12 de xullo, con a derrota absoluta e retirada en desbandada do exército dirixido por [[García de la Cuesta]], reunido en condicións precarias. A cidade foi finalmente liberada polo exército mandado por Wellington en xullo de [[1812]].
 
Liña 173:
 
[[Ficheiro:Bases fuera.jpg|miniatura|250px|Valladolid nos primeiros anos da democracia]]
=== Século XX ===
A poboación recibiu a instauración da [[Segunda República Española|Segunda República]] en 1931. O [[4 de marzo]] de [[1934]], a fusión de [[Falange Española]] (o partido de [[José Antonio Primo de Rivera]]) e as [[JONS]] (de [[Onésimo Redondo]]) levouse a cabo nun acto celebrado no Teatro Calderón da cidade.
 
Liña 180:
Logo da prostración dos primeiros anos da posguerra, desde os anos 50, Valladolid experimenta un importante cambio debido á instalación de industrias automobilísticas (como FASA - [[Renault]]) e de outros sectores (Endasa, Nicas).
 
== Educación ==
Valladolid conta con dúas universidades:
 
Liña 195:
* Escola Politécnica Superior.
 
== Patrimonio ==
=== Museos ===
* O [[Museo Nacional de Escultura]], de relevancia internacional, está en plena ampliación (proceso que inclúe a restauración do histórico '''Colexio de San Gregorio''', a '''Casa del Sol''', a '''igrexa de San Benito el Viejo''' e o '''Palacio de Villena''', este último xa aberto). Entre outros tesouros contén o [[Retablo de San Benito el Real de Valladolid]], obra magna realizada por [[Alonso Berruguete]] á súa volta de [[Italia]].
* No interior da [[Catedral de Valladolid]], proxectada por [[Juan de Herrera]], pero que foi continuada por outros arquitectos como [[Alberto Churriguera]], e aínda inacabada, sitúase o '''Museo Diocesano e Catedralicio de Valladolid''', inaugurado en [[1965]]. A iniciativa é debida ao entón Arcebispo de Valladolid, [[José García Goldáraz]], que seleccionou esculturas, pinturas, ourivería, marfís, ornamentos e outras obras procedentes na súa maioría do tesouro catedralicio e de parroquias extintas da [[Bispado de Valladolid|Diocese]].
Liña 204:
 
* '''Museo da Ciencia''',
* '''Museo Oriental''', sito no Convento dos [[Agostiños Filipinos]], edificio de estilo [[neoclásico]], é obra de [[Ventura Rodríguez]]. Iniciado en [[1759]], terminouse en [[1930]] coa beizón do templo. O Museo Oriental foi fundado en [[1908]].Recolle unha extraordinaria colección de [[arte chinés]] e [[Filipinas|filipino]] desde o [[século -II|século II a.C.]] ao [[século XIX]]. Constitúe unha das máis grandes coleccións de arte oriental que poden ser admiradas en [[Europa]], e sen dúbida, a máis completa de [[España]]. Esta grande colección de arte sitúase nesta cidade debido a dúas razóns, Valladolid era a sede central dos Agostiños Filipinos de España, e a segunda, que ao tempo era onde se formaban os futuros misioneiros; por ambos dous motivos traíanse moitos materiais orientais.
* '''Museo Fundación Cristóbal Gabarrón''' ofrece a posibilidade de coñecer de primeira man a traxectoria do artista que lle da nome a través dunha coidada selección retrospectiva: a ''Colección Gabarrón''.
* ''MAVA'' –Museo de arte de vanguardia-. Responde á decisión de crear en Valladolid un fondo de arte contemporánea internacional. representativo das diversas tendencias artísticas das últimas décadas.
Liña 211:
* '''Museo Anatómico de [[Pío del Río Ortega]]'''. Nel poden admirarse pezas de anatomía humana naturais e artificiais, esqueletos de cranios de animais, así como instrumentos e aparellos relacionados con a medicina.
* '''Museo de Ciencias Naturais'''. Conta con 5.102 pezas distribuídas por unhas quince salas, conformadas con criterios esencialmente científicos e pedagóxicos. Hai coleccións de [[Ciencias Naturais]], [[Botánica]], [[Zooloxía]] e [[Xeoloxía]].
* '''Museo da Academia de Cabalaría'''. Creado a partir de 1976, mercé a iniciativa de varios profesores da Academia. Exhíbense pinturas, como o impresionante cadro da [[Batalla de Treviño]], debido a [[Víctor Morelli]], ou o retrato ecuestre de [[Afonso XIII]], pintado por [[Román Novarro]]. Tamén podemos contemplar armas brancas e de fogo, pinturas, miniaturas militares, uniformes, monturas, etc.
* '''MUVA-Museo da [[Universidade de Valladolid]]'''. A colección permanente mostra múltiples obxectos relacionados con a Historia da Universidade valisoletana e co seu rico patrimonio móbel e documentar, tales como [[códice]]s, instrumental oftalmolóxico e anatómico, monetarios romanos e outras valiosas mostras arqueolóxicas, obxectos relixiosos, bulas e autorizacións para a impartición de estudos superiores, etc., e máis unha mostra da [[pinacoteca]] da Universidade de Valladolid.<br>
* '''IOBA-Museo de Oftalmoloxía Doctor Saracíbar'''. O museo de Oftalmoloxía do IOBA (Instituto Universitario de Oftalmología Aplicada) da Universidade de Valladolid foi creado en 1995 e leva o nome do Dr. [[José María Saracíbar]], oftalmólogo valisoletano que doou grande parte do material exposto. Reúne materiais diversos de [[Oftalmoloxía]] desde fins do séculoo XIX.
* '''Museo de Santa Isabel'''. Expón diversas obras de arte, destacando dous lenzos de [[Diego Valentín Díaz]], a ''Inmaculada'' de [[Felipe Gil de Mena]] e máis pinturas de mediados do [[século XVII]].
 
=== Casas Museo ===
Pódense visitar 3 casas museo:
* A '''[[Casa de Cervantes (Valladolid)|Casa-Museo de Cervantes]]'''. Está sita no edificio que ocupou o escritor durante a súa estada en Valladolid, entre os anos [[1604]] e [[1606]], que coincidiu coa publicación da primeira edición de [[El Quijote]], en [[1605]]. No seu interior tentouse recrear o ambiente que puido respirar o escritor nunha casa discretamente decorada, consonte as posibilidades dun [[fidalgo]] español do [[século XVII]].
Liña 222:
* A '''Casa-Museo de [[Cristovo Colón|Colón]]'''. Está situada na ''Calle de Colón'', e foi erguida en [[1968]], en lembranza do Almirante da Mar Océana, para albergar un museo dedicado na súa memoria.
 
=== Lugares emblemáticos ===
* [[Igrexa de Santa María La Antigua]].
* [[Igrexa de San Benito]].
* [[Igrexa de San Pablo (Valladolid)|Igrexa de San Pablo]] .
* [[Museo Nacional de Escultura (España)#Colegio de San Gregorio|Antigo Colexio de Teoloxía de San Gregorio]].
* [[Praza Maior de Valladolid|Praza Maior]].
* [[Catedral de Nosa Señora da Asunción|Catedral]].
Liña 244:
* [[Real Chancelaría de Valladolid]]
 
== Acontecementos culturais e festivos ==
* Anualmente celébrase a [[SEMINCI]] ou '''Semana Internacional de Cine de Valladolid''', a finais de outubro, considerado o segundo festival de cine máis importante de [[España]], tras o [[Festival de cine de San Sebastián]].
* '''Festas Patronais de San Pedro Regalado''', conmemórase en plena primavera -13 de maio-, sendo o evento taurino a principal atracción.
* '''Feira e Festas de Nosa Señora de San Lourenzo''', é o acontecemento festivo máis importante e popular.
* '''Semana do Renacemento''', durante o mes de maio celébrase na Praza Maior un mercado renacentista, con a recreación de sabores, olores e personalidades do Valladolid do [[século XVI]]. Estes días represéntase polas rúas ''A Ruta do Herexe'', popularizada despois da publicación da novela de [[Miguel Delibes]], mentres os restaurantes ofrecen menús rescatados do século XVI e actualizados por restauradores valisoletanos
* '''Semama Santa'''. Neses días, se non chove, as dezanove confrarías valisoletanas desfilan polo casco histórico da cidade. A historia da Semana Santa en Valladolid remonta ao 16 de marzo de 1948, aínda que anteriormente houbo procesións no interior dos conventos, onde naceron as confrarías máis antigas. A calidade da tallas fixo que a Semana Santa valisoletana fose declarada de Interese Turístico Internacional. Pódense nesas xornadas admirar tallas de [[Juan de Juni]], [[Gregorio Fernández]], [[Pedro de Ávila]] ou [[Andrés de Solanes]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}