Uncial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
Foi [[Xerome]] quen deu a estas letras, relativamente grandes, o nome de ''litterae unciales'', isto é, ''letras dunha polgada de altura''. Desde o século III d.C. a uncial grega é utilizada, xunto coa latina, na tradición libraria e o seu foco principal de difusión é o norte de África. É nos ambientes cristiáns onde se desenvolve de xeito máis extenso, é por iso que cando [[Ulfilas]] adapta o alfabeto grego para a súa versión da [[Biblia]] ao [[lingua gótica|gótico]], crea o [[alfabeto gótico]] a partir das unciais gregas.
 
== Uncial latina ==
=== Historia ===
[[Ficheiro:Codex bezae latin.jpg|miniatura|''[[Codex Bezae]]'']]
O termo foi adaptado sobre todo para o alfabeto latino. En efecto, a palabra ''uncial'' designa un tipo concreto de grafía, que se desenvolve entre os séculos III e IV da nosa era, a partir da [[maiúscula|capital]] ''[[quadrata]]'' e da antiga [[cursiva romana]]. É a escritura por excelencia dos [[códice]]s, adaptada á pluma, pois é moito menos angulosa cá ''quadrata'', que é (aínda actualmente) a das inscricións.
Liña 12:
Aínda que relegada a un papel ornamental tras a súa época dourada, a uncial continuou a ser empregada para códices completos ata ben despois; só a [[imprenta]] a deu feito desaparecer definitivamente dos usos correntes; con todo aínda hoxe é moi prezada polos [[caligrafía|calígrafos]].
 
Notar que a grafía chamada [[semiuncial]] non deriva da uncial senón da nova cursiva romana e que as [[escrituras nacionais latinas|escrituras nacionais]] desenvolvidas despois da caída do [[Imperio Romano]] ([[escritura lombarda|lombarda]], [[escritura visigótica|visigótica]], [[escritura merovinxia|merovinxia]], [[escritura insular|insular]], etc.) xorden principalmente desta nova cursiva ou da semiuncial no caso das escrituras insulares ([[escritura irlandesa|irlandesa]] e [[escritura anglosaxoa|anglosaxoa]]).
 
=== Trazados ===
[[Ficheiro:Onciale latine.png|centro|Alphabet complet en onciale]]
''Nota:'' esta imaxe só representa unha posibilidade de trazado da uncial. En efecto, ao evolucionaren no transcurso dos séculos e dos lugares (por non falar dos escribas), non ofrece unha aparencia fixa e invariable.''
Liña 20:
A uncial latina caracterízase polas súas curvas. As letras máis características son ''A'', ''D'', ''E'', ''H'', ''M'', ''Q'' e ''V'', que se distinguen das correspondentes en ''quadrata'' e que han deixar a súa pegada no trazado das minúsculas actuais (''via'' un percorrido complexo, porén: as nosas minúsculas non derivan en efecto directamente da uncial). Aínda non existe a letra ''J'' distinta de ''I'' (que tampouco non leva aínda o punto); ''U'' e ''V'' tampouco non se distinguen. Finalmente, ''W'' aínda non fixo a súa aparición.
 
As letras non teñen unha altura regular: algunhas exceden a liña, cousa que se ve doadamente con ''D'', ''H'', ''K'' e ''A' pola altura de ollo e ''F'', ''G'', ''N'', ''P'', ''Q'', ''R'', ''X'' e ''Y'' (ás veces cun punto enriba) pola liña de base. Segundo os manuscritos, algunhas destas letras son máis regulares: é o caso de ''N'', por exemplo, que pode ficar circunscrito ás dúas liñas.
 
As palabras non está separadas ao principio, pero un pequeno espazo serve ás veces de separador de frases, tamén pode aparecer un punto. A puntuación está, non sendo ese punto, case ausente e como a escritura aínda non é bicameral, empréganse ás veces grandes letras para marcar os principios de páxina e mesmo de frase, pero non caracteres diferentes.
Liña 26:
As [[abreviación]]s son aínda raras nos manuscritos antigos: as máis frecuentes son os ''nomina sacra'', a suspensión nasal (''M'' en fin de liña é substituído por un trazo subscrito acompañado ou non dun punto, ''N'' por un trazo subscrito). A [[enclítica]] ''-que'' (que significaba ''e'' en [[latín]]) e a [[desinencia]] ''-bus'' de [[dativo]] / [[ablativo]] [[plural]] aparecen ás veces, como en capitais, ''Q.'' e ''B.''; os manuscritos de dereito, con todo, son xa ricos en abreviacións.
 
Atópanse algunha [[Ligadura (tipografía)|ligaduraligaduras]]s en final de liña así como o [[E caudata]] (''Ę'') que pode substituír o ''AE'', e que fai a súa aparición a partir do século VI.
 
== Uncial grega ==
[[Ficheiro:Codex sinaticus.jpg|esquerda|miniatura|''[[Codex Sinaiticus]]'']]
Cando se fala do [[alfabeto grego]], adóitase falar dunha das súas grafías co termo de ''uncial''. Neste caso trátase dunha denominación bastante menos precisa que para o alfabeto latino: en efecto, é máis a causa do destino do texto que polo trazado ou o tipo de letras que se denomina así. A uncial grega é en efecto un tipo de capitais utilizado para os códices a partir da [[época helenística]], moi parecido ás capitais lapidarias, que debería ser chamada «libresca». Oponse nisto á escritura de cancelaría e ás minúsculas.
 
É a partir da metade do século IV antes da nosa era cando asistimos a unha separación, bastante pouco marcada, entre as capitais lapidarias e as que se empregan para os libros, termo polo que se designa documentos públicas e non privados, que se escriben en diversos tipos que tendían máis ou menos cara cursiva. Os trazos máis sorprendentes atinxen a moi poucas letras; como na uncial latina, os trazos dereitos teñen a tendencia a se curvaren, cousa que permite a escritura sobre [[pergameo]]:
* o sigma toma a forma do [[sigma lunar]] : Σ → С.
* o épsilon cúrvase (épsilon lunar): Ε → Є.
* o omega toma a forma que dará nacemento á minúscula: Ω → Ѡ.
 
Para as outras letras, nótase, como para o latín, une irregularidade de altura (que se manifeste sobre todo en que excede a liña inferior) e unha simplificación crecente do trazado dalgunhas letras, como o Α que, ao principio, permanecía próxima do modelo lapidario e que, aos poucos, chegou a se trazar á maneira do ''A'' uncial latino, o Ξ, cuxas tres liñas se unen, ou mesmo o Λ, cuxa hasta esquerda se fai máis pequena. Estes dous últimos trazados están, como podemos ver, moi próximos ás minúsculas actuais λ e ξ (minúsculas que son tributarias dunha mestura de formas que se estenden sobre máis de dous milenios).
 
Unha vez fixado o modelo, ha permanecer invariable durante máis dun milenio nos usos manuscritos librescos, substituído despois na imprenta polas capitais lapidarias voltas ao gusto da época mentres que as minúsculas se impoñían.
Liña 45:
[[Ficheiro:onciale grecque.png|centro|Alphabet grec dans sa graphie onciale]]
 
== A propósito da palabra ''uncial'' ==
A palabra galega vén do [[adxectivo]] [[lingua latina|latino]] ''uncialis'', «dunha onza (peso e moeda)». A relación entre a onza e as letras non está clara. É en [[Xerome]] onde se atopa unha primeira atestación do termo, no seu prefacio á [[Vulgata|súa tradución]] do ''Libro de Xob'':
 
Liña 65:
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Charles Higounet, ''L'écriture'', Presses universitaires de France, collection « Que sais-je ? », numéro 653, Paris, 1955 para a 1ª edición, 2003 para a 2ª edición;
* «Du signe à l'écriture», anexo da revista ''Pour la science'', artigo « Trois millénaires d'écriture grecque » de Jean Irigoin, octobre/janvier 2002;