Tempo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Retiro {{Ligazón XX|xx}} ou {{Link XX|xx}}. Agora, se un artigo é bo ou destacado nalgunha lingua, indícase en Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
{{1000}}
{{Outroshomónimos|Tempo (homónimos)}}
[[FileFicheiro:Animated watch.gif|miniatura|120px|Un [[reloxo]] é calquera dispositivo que pode medir o tempo transcorrido entre dous eventos que suceden respecto dun observador.]]
Comunmente o '''tempo''' é o concepto que permite comprender a [[mudanza]], a transformación. Nesta liña é así mesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de '''pasado, presente e futuro'''.
 
Liña 9:
Na física actual, desde a aparición da [[teoría da relatividade]], o tempo é considerado como unha variábel do espazo-tempo. Así futuro e pasado non se definen con base exclusiva no tempo, senón na causalidade: un suceso é posterior a outro se é posíbel unha relación de causalidade entre eles. Senón, cal sexa primeiro ou despois vai depender do sistema de referencia que se considere.
 
Porén, na física clásica, na mecánica newtoniana, o tempo é absoluto e independente do lugar e das interaccións. O pasado e o futuro estaban perfectamente definidos, todo canto ocorría nun mesmo instante nun sistema de referencia, tamén ocorría nun mesmo instante en calquera outro sistema de referencia que for considerado. Pero esta concepción achouse incapaz de explicar unha serie de fenómenos observados (aberracións, invarianza da velocidade da luz, etc.), de xeito que a comezos do século XX, levaron á formulación da teoría da relatividade por [[Albert Einstein]].
 
A unidade de medida de tempo no SI é o segundo. Outras medidas comunmente empregadas amósanse a continuación: