Telefónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
 
{{Compañía
| nome_compañía = Telefónica, S.A.
Liña 19 ⟶ 18:
Telefónica é un dos operadores integrados de telecomunicacións líder a nivel mundial na provisión de solucións de comunicación, información e entretemento, con presenza en [[Europa]], [[África]], [[Latinoamérica]] e, desde [[2010]], en [[Asia]].
 
En [[España]], para o público comerciante polo miúdo distribúe os seus produtos a través de varias filiais e varios nome comerciais: Os de telefonía fixa antes baixo a marca comercial Telefónica, os de telefonía móbil a través da filial [[Telefónica Móviles]] baixo a marca comercial [[Movistar]]. Desde o [[1 de maio]] de [[2010]], a empresa cambia en España o nome da súa marca comercial Telefónica polo de [[Movistar]], que ata entón fora soamente a marca comercial de [[Telefónica Móviles]], comezando a distribuír todos os seus produtos baixo esta marca comercial e engadindo segundo o servizo os sufixos correspondentes "Movistar Fixo", "Movistar Móvil", "Movistar Imagenio", etc. Con todo, os nomes legais da empresas e as súas filiais seguen sendo os mesmos.
 
== Historia ==
[[FileFicheiro:TelefonicaMadrid.jpg|miniatura|esquerda|Edificio Telefónica.]]
As orixes da empresa están na súa fundación en Madrid co nome de CTNE (compañía telefónica nacional de España), participada pola empresa norteamericana de telecomunicacións [[ITT]]. A súa sede fixouse nun novo edificio da Gran Vía madrileña, no número 28. Foi o primeiro rañaceos de España e de toda Europa<ref>[http://www.fundacion.telefonica.com/es/granvia/index.html#/entrada Fundación Telefónica]</ref>. O edificio foi empregado como sede das telecomunicacións da República durante o asedio de Madrid e a Guerra Civil. Durante o franquismo Telefónica de España (TESA) foi gañando en tamaño e importancia como monopolio de telecomunicacións chegando a ser unha empresa estatal burocratizada e con estrutura e administración centralizada. Non sería ata os anos 1980 e principios dos anos 1990 cando se fixo necesaria a creación de competencia. A empresa era incapaz de acometer reformas nas infraestruturas de telecomunicacións lastrada por sindicatos e administracións estatais que impedían calquera mellora nos servizos. Había listas de espera para ter teléfono. A empresa abriuse a traballar con empresas subcontratistas e foi quen de poñer data a cando tería teléfono un novo cliente. A chegada de internet e a necesidade de conexións a un prezo axeitado foron outro dos retos da compañía. A tarifa plana non era unha oferta comercial para Telefónica, centrada no pagamento por uso das liñas por minuto e os servizos de voz a empresas. A chegada da telefonía móbil supuxo a creación doutro mercado. Telefónica creou primeiro MoviLine, unha empresa de telefonía móbil analóxica coa que monopolizou o mercado ata que as limitacións da tecnoloxía impediron medrar máis. A chegada da tecnoloxía dixital [[GSM]] permitiu ampliar o negocio mantendo unha posición de monopolio coa marca [[Movistar]] no mercado ata a concesión dunha licenza á [[Airtel]] empresa posteriormente mercada por [[Vodafone]]. A chegada de novos operadores de telecomunicacións por cable supuxo outro reto para Telefónica. A telefonía fixa ata entón estaba monopolizada pola súa extensa rede e á que os demais operadores debían pagar polo alugamento.