Taxonomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 7:
Existen diferentes tipos de taxonomías referidas a diversos campos:
 
A '''[[taxonomía biolóxica]]''' nace da necesidade de poñer orde nos máis de 5 millóns de especies de seres vivos que temos no planeta, para iso, esta ciencia ordénaos, descríbeos e clasifícaos tomando como unidade fundamental a [[especie]]. Ademais desta categoría existen outros rangos que de maior nivel que son os seguintes: [[Dominio (Bioloxia)|Dominio]], [[Reino (bioloxía)|Reino]], [[Filo]] ou [[Phylum]] ou [[división (botánica)|División]] (en plantas), [[Clase (bioloxía)|Clase]], [[Orde (bioloxía)|Orde]], [[Familia (bioloxía)|Familia]],[[Tribo (bioloxía)|Tribo]], [[Xénero (bioloxía)|Xénero]], [[Especie]] e Subespecie, niveis entre os que se poden inserir outros, tales como: subphylum, superorde, subfamilia, etc.
 
Pódese dicir que a taxonomía biolóxica comenzou grazas aos traballos do naturalista sueco [[Carl von Linné]] (Linneo) (1707-1778), que foi quen creou o sistema de clasificación que aínda hoxe estase a empregar e que está baseado nos diferentes taxons dispostos en orde xerárquica.
Liña 13:
Na '''[[taxonomía filoxenética]]''' (ou [[cladística]]), os organismos poden ser clasificados en [[clados]], que son as diferentes pólas da árbore filoxenética proposta para agrupar os seres vivos, é dicir, un clado pódese interpretar como un conxunto de especies emparentadas por un antecesor común. Os clados pódense representar nun [[cladograma]]. Un taxón é un clado que foi situado nunha categoría taxonómica, ao que se lle outorgou un nome en latín, fíxose unha descrición do mesmo e asocioúselle un exemplar “tipo” e logo foi publicado nunha revista científica. Cando se fai todo isto, o taxón ten o nome axeitado. A [[Nomenclatura]] é a subdisciplina que trata de regulamentar estes pasos, e ocúpase de que se ateñan aos principios de nomenclatura científica internacional. Os sistemas de clasificación resultantes funcionan como contedores de información por unha banda, e como preditores pola outra. Unha vez está determinado o sistema de clasificación, extráense os caracteres diagnósticos de cada taxón, que se organizan en grandes libros chamados [[Claves de Identificación]], que son empregados na disciplina da [[Determinación]] ou identificación de organismos, e que sitúa a un organismo descoñecido nun taxón coñecido do sistema de clasificación dado.
 
As normas que regulan a creación dos sistemas de clasificación son un pouco arbitrarias. Para comprender esas arbitrariedades (por exemplo, a nomenclatura binomial das especies e a uninomial das categorías superiores a especies, ou a cantidade de categorías superiores á especie, ou a cantidade de categorías taxonómicas e os nomes das mesmas) é necesario estudar a Historia da Taxonomía, que nos deixaron como herdanza os [[Códigos Internacionais de Nomenclatura]] aos que deben aterse os sistemas de clasificación. Hoxe estase a debater se cómpre facer reformas substanciais nos Códigos, habendo propostas como son a “[[taxonomía libre de rangos]]”, as “marcas de ADN”, etc.
 
Unha escola taxonómica minoritaria é a que considera que os grupos [[parafilético]]s tamén deberían ter a posibilidade de ser convertidos en taxóns, se os grupos que os conforman son o suficientemente semellantes entre si e o suficientemente diferentes do clado que queda fóra (escola evolucionista). Un exemplo clásico dun grupo parafilético que algúns taxónomos consideran un taxón, é o das [[algas verdes]], parafiléticas respecto ás plantas terrestres (todas xuntas formarían o clado das plantas verdes). Un dos expoñentes actuais desta escola é o investigador [[Cavalier-Smith]].