Taoísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 21:
 
== O ''Tao'' do Taoísmo ==
'''Taoísmo''' ou '''Daoísmo''' ([[lingua chinesa|chinés]]: transcricións [[pinyin|py]] Dàoxiào, [[Wade-Gilles|W-G]] Tao-chiao) é xeralmente descrito como unha [[filosofía]] e [[relixión]] [[Asia|asiática]], aínda que tamén se diga que non é ningunha das dúas, senón un aspecto da sabedoría chinesa. Traducido literalmente, significa "o ensino do [[Tao]]" . No contexto taoísta, 'Tao' pode ser entendido como un camiño no espazo-tempo -a orde en que as cousas acontecen-. Como termo descritivo, pódese referir ao mundo real na historia -algunhas veces nomeado como o "gran Tao"- ou, anticipadamente, como unha orde que se debe manifestar -a orde moral de Confucio ou Lao Tse ou Cristo, etc.- Un tema no pensamento chinés primitivo é ''Tian-dao'' ou camiño da natureza (tamén traducido como "ceo", e ás veces "Deus"). Corresponde aproximadamente á orde das cousas de acordo coa lei natural. Tanto o "camiño da natureza" canto o "gran camiño" inspiran o afastamento estereotípico taoísta das doutrinas morais e normativas. Así, pensado como o proceso polo cal cada cousa se torna o que ela é (a "Nai de todas as deusas") parece difícil imaxinar que temos que escoller entre calquera valor do seu contido normativo - polo tanto pode ser visto como un principio eficiente de "vacío" que sustenta confiabelmente o funcionamento do universo.
 
O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o confucianismo, modelou a vida chinesa por máis de 2.000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o concepto confucianista de goberno consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo -defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de ningunha orientación centralizada-. As especies naturais seguen camiños apropiados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de adquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e non obstante, podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do concepto confucianista referente a deberes morais, cohesión social e responsabilidades gobernamentais, mesmo que o pensamento de [[Confucio]] inclúa os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos [[Anais de Confucio]].