Diferenzas entre revisións de «Tales de Mileto»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
(Agora, se un artigo é bo ou destacado nalgunha lingua, indícase en d:Wikidata)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
'''Tales de Mileto''', en [[Lingua grega|grego]] '''Θαλής ο Μιλήσιος''', nado cara ao ano [[-624|624 a.C.]] e finado contra o [[-546|546 a.C.]], foi o primeiro [[Filosofía|filósofo]] occidental que se coñece, sendo o marco inicial da filosofía occidental e o primeiro dos filósofos [[presocráticos]].
 
== Traxectoria ==
De ascendencia fenicia, naceu en [[Mileto]], antiga colonia grega, na [[Asia Menor]], actual [[Turquía]], no [[-625|625 a.C.]] e finou aproximadamente no [[-547|547 a.C.]] - segundo o historiador grego [[Dióxenes Laercio]], morreu con 78 anos durante a 58ª Olimpíada.
 
 
== A Cosmoloxía de Tales ==
Na época de Tales, os gregos – a través da súa [[mitoloxía grega|mitoloxía]] – consideraban os elementos da Natureza (o Sol, a Terra, o Ceo, o Océano, as Montañas, etc.) como forzas autónomas, honrándoos como deuses, elevados pola fantasía a seres activos, móbeis, conscientes e dotados de sentimentos, vontades e desexos. Estes deuses constituían a fonte e a esencia de todas as cousas do universo.
 
Tales foi un dos primeiros pensadores en discordar desa relixión vixente, cuxos principios eran ditados pola percepción que os homes captaban a través dos seus sentidos. O punto de partida da teoría especulativa de Tales – como tamén de todos os demais filósofos da [[escola xónica]] – foi a verificación da permanente transformación das cousas unhas noutras e a súa intuición básica é de que todas as cousas son unha soa cousa fundamental, ou un só principio ("''arché''").
393.002

edicións