Taenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 19:
As proglótides teñen un [[ovario]] central, cun vitelario (glándula da xema) na parte posterior. Como en todos os cestodos ciclofílidos, hai un poro xenital a cada lado de cada proglótide. Os ovos libéranse cando a proglótide se desprende do corpo e se deteriora, xa que non teñen un poro uterino para a saída dos ovos.
 
== Exemplos de especies ==
* ''[[Taenia asiatica]]''. Os humanos son o seu hóspede definitivo, e os porcos e raramente o gando son os hóspedes intermediarios.
* ''[[Taenia crassiceps]]''
Liña 26:
* ''[[Taenia mustelae]]''. Infecta a pequenos carnívoros.
* ''[[Taenia pisiformis]]''. É común nos [[can]]s asilvestrados e [[coello]]s, os cales serven de hóspede intermediario.
* ''[[Taenia rileyi]]''. Infecta a [[lince (zooloxía)|lincelinces]]s.
* ''[[Taenia saginata]]''. É a tenia da [[vaca]]. Infecta ao gando e aos humanos, e só pode reproducirse no intestino humano.
* ''[[Taenia solium]]''. É a tenia do [[porco]]. Os humanos son o seu hóspede primario, nos que se reproduce. O hóspede intermediario é o porco.
Liña 32:
* ''[[Taenia serialis]]''. Parasita aos cans e [[raposo]]s e os hóspedes intermedios son os coellos.
 
== Ciclo de vida ==
[[Ficheiro:Desiccated tapeworm proglottids.jpg|miniatura|Un par de proglótides desecadas, que parecen sementes de [[sésamo]] e que conteñen moitos ovos.]]
 
O ciclo de vida empeza cando se liberan polas feces ovos ou proglótides grávidas cheas de ovos. Os ovos libres ([[embrióforo]]s) levan [[oncosfera]]s (tamén chamados embrións hexacantos). Os ovos son resistentes e duran de días a meses no medio ambiente. Algunhas veces, como pasa en ''T. saginata'', eses segmentos (proglótides ou cadeas de proglótides) son aínda móbiles despois da excreción, baleiran os seus ovos en poucos minutos ou, nalgunhas especies, retéñenos agrupados e agardan á chegada dun hóspede vertebrado axeitado. O hóspede intermediario (gando, porcos, roedores, etc., segundo a especie de verme) debe despois inxerir os ovos ou as proglótides. Se o hóspede é da especie correcta, o [[embrióforo]] eclosiona, e os embrións [[hexacanto]]s invaden a parede do [[intestino delgado]] do hóspede intermediario para viaxar despois ao [[músculo esquelético|músculo estriado]] onde se desenvolven como larvas [[cisticerco]]s. Alí crecen, e diferéncianse nesta forma larvaria que parece unha vesícula (e creuse erradamente ata mediados do [[século XIX]] que era outra especie de parasito), que é infecciosa para o hóspede definitivo en canto desenvolva un escólex invaxinado (protoescólex). Para continuar o proceso, o hóspede definitivo debe comer carne mal cocida ou crúa do hóspede intermediario. Unha vez que está no hóspede definitivo, a vesícula é dixerida, o [[escólex]] insírese na parede intestinal, e o colo empeza a producir segmentos que formarán o corpo do verme ou estróbilo. Aparecen novos ovos nas feces do hóspede definitivo xeralmente de seis a nove semanas despois, e o ciclo volve a repetirse.
 
''Taenia saginata'' ten unhas 1.000-2.000 proglótides e cada unha das proglótides grávidas contén 100.000 ovos, mentres que ''Taenia solium'' ten unhas 1.000 proglóties e cada proglótide grávida ten 60.000 ovos aproximadamente.<ref name=dpd>http://www.dpd.cdc.gov/DPDx/</ref>
 
== Tratamento ==
O tratamento máis común é con [[praziquantel]] (PZQ).<ref name=dpd/>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Taenia solium]]
* [[Taenia saginata]]
 
=== Ligazósn externas ===
* [http://zipcodezoo.com/Key/Animalia/Taenia_Genus.asp ZipcodeZoo]
* [http://www.biolib.cz/en/taxon/id43806/ BioLib]
* [http://www.buzzle.com/articles/human-tapeworm-intestinal-parasite-infection.html Vermes planos humanos]
* [http://www.uptodate.com/patients/content/topic.do?topicKey=~IBgBgxqsYeKpKWj Vermes planos intestinais en Uptodate]
* [http://www.itg.be/evde/39_Helminthiasisp10.htm Cestodos-vermes planos no Institute of Tropical Medicine Antwerp]
* [http://www.parasitesinhumans.org/cestoda-tapeworms.html Parasitos en humanos]
* [http://journals.cambridge.org/abstract_S0031182012002120 Unha suposta especie de Taenia descrita no lince de Eurasia en Finlandia]
 
[[Categoría:Platihelmintos]]