Sindicato de Oficios Varios de Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
O '''Sindicato de Oficios Varios de Sada''' naceu no [[1931]] a partir do [[Centro Cultural Obrero]], fundado un ano antes cos fondos aportados polos emigrantes sadenses nos [[Estados Unidos de América|EUA]]. Estaba federado na [[CNT]]. No [[1932]] contaba cerca de 200 afiliados, a maioría mariñeiros, cifra que se duplicou no [[1936]].
 
== Directiva ==
Á altura do [[1933]] estaba dirixido por [[José Monzo Ríos]] (Presidente), Serafín García (Vicepresidente), José Neira Torrado (Secretario), Adolfo Caamaño (Vicesecretario), Manuel Regueira (Tesoureiro), Manuel Prado (Vicetesoureiro), José Barbeiro (Bibliotecario), Julio Caamaño, Francisco Guitián e Laureano Riveiro (Vocais).
 
== Actuación sindical e cultural ==
Desenvolveu un intenso labor durante todo o período republicano, levando a cabo importantes folgas e diversas accións, encamiñadas á dignificación da clase obreira e ao seu enriquecemento cultural. Desde finais do 1931, e coma se anuncia na totalidade dos números de ''[[Solidaridad Obrera (1922)|Solidaridad Obrera]]'' dese período, mantivo un boicot ao café La Terraza, que non permitía a sindicación dos seus empregados. O conflito semellou amañado en xullo do [[1932]], coa sinatura dun compromiso; mais, por diversas razóns, reavivouse no ano seguinte, estendéndose o boicot ao Salón Moderno. No [[1933]] e [[1934]] estalaron dúas bombas na Terraza e unha no Moderno, que só causaron desperfectos materiais, pero provocaron un gran impacto. Tamén mantivo un importante conflito coa compañía de tranvías polos mesmos motivos. Asemade, colaborou co [[Sindicato de Profesiones Varias de Meirás]] desde o 1933 para permitir, na parroquia de [[Meirás, Sada|Meirás]], a ocupación forzosa dunhas fincas por parte dos seus colonos, aos que se lles incrementara drasticamente o aluguer.
 
Liña 11:
Estivo integrado na [[Federación Comarcal de Sindicatos de Betanzos e Sada]] e, a partir do 1936, na [[Federación Comarcal de Sindicatos de Sada]]. Estivo representado no pleno da [[CRG]] do 1933 en Santiago de Compostela e no da [[CNT]] do 1936 en [[Zaragoza]] por [[José Monzo]].
 
== Guerra Civil ==
Coa sublevación militar do [[1936]], foi completamente desartellado, e os seus membros máis significativos tiveron que agocharse ata seren asasinados (José Neira Torrado, José Cadaveira Guimarey), fuxir cara o exilio (Serafín García) ou sufrir penas de prisión e multas económicas. O seu Presidente, [[José Monzo]], tras dous anos agochado nos emprazamentos máis insólitos, optou por se quitar a vida antes de que lla arrebatasen.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= O anarquismo na Galiza|nome= Eliseo|apelidos= Fernández|ligazónautor= Eliseo Fernández Fernández|coautores= [[Dionisio Pereira|Pereira, Dionisio]]|ano= 2004|editor= Positivas|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-87783-79-1|páxina= |páxinas= |dataacceso=20 de xullo de 2013 |url=}}
* [[Dionisio Pereira]]: ''A CNT na Galicia (1922-1936)'', Ed. Laiovento, 1994
 
=== Fontes hemerográficas ===
* Prensa da época: ''[[Solidaridad Obrera (1922)|Solidaridad Obrera]]'', ''[[Solidaridad]]'', ''[[Brazo y Cerebro]]'', ''[[El Pueblo Gallego]]'', etc.
 
=== Fontes arquivísticas ===
* Arquivo do Reino de Galicia - Fondo do Goberno Civil - G-2552
* Arquivo Municipal de Sada - Libros de Actas
 
[[Categoría:Sada]]