Servidor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 66 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q44127
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:My_Opera_Server_Back.jpg|miniatura|dereita|Servidor]]
En [[informática]], un '''servidor''' é un sistema informático que proporciona [[servizo (informática)|servizoservizos]]s a outro sistema informático, chamado [[cliente]], a través dunha rede. O termo é utilizado para se referir ó sistema informático completo, pero tamén é utilizado para se referir só ó compoñente [[hardware]] ou só ó compoñente [[software]] do anterior sistema.
 
== Descrición ==
 
Os servidores, hoxe en día, ocupan un lugar na informática similar ó ocupado polos [[miniordenador]]es no pasado, os cales en gran parte se substituíron. O servidor típico é un sistema informático que opera continuamente sobre unha rede e espera demandas de servizos doutros ordenadores conectados á rede. Moitos servidores están dedicados a realizar esta tarefa, pero algúns tamén son usados para outros obxectivos, en particular cando as demandas de servizos ó servidor son pequenas. Por exemplo, nunha pequena secretaría, un ordenador grande de escritorio pode actuar como [[terminal de traballo]] para unha persoa na secretaria, á par que actúa de servidor para os demais ordenadores da secretaría.
Liña 12:
Os servidores con frecuencia teñen recursos de hardware que fan dispoñíbel de forma controlada e compartida ós ordenadores cliente. Desta forma tense un mellor control do acceso e da seguranza, alén da redución de gastos que implica. Algúns recursos hardware que se comparten son impresoras e [[sistema de ficheiros|sistemas de ficheiros]].
 
== Hardware de servidor ==
 
Aínda que os servidores se poden construír con compoñentes de ordenador dedicado, normalmente úsase hardware especial optimizado para as necesidades do servidor.
Liña 26:
Todos os servidores inclúen conexións de rede resistentes que lles permiten manexar as cantidades grandes de tráfico que reciben e xeran.
 
== Software de servidor ==
 
A diferenza principal entre servidores e ordenadores de escritorio non está no hardware, está no software. Os servidores frecuentemente executan [[sistema operativo|sistemas operativos]] que son deseñados para o emprego en servidores. Os servidores executan aplicacións especiais que tamén son deseñadas para realizaren tarefas de servidor.
 
== Sistemas operativos ==
 
Nos ordenadores persoais o sistema operativo que predomina é o [[Windows]] de [[Microsoft]], pero no mundo dos servidores, os sistemas operativos máis usados son [[FreeBSD]], [[Sistema Operativo Solaris|Solaris]] e [[Linux]], que son semellantes ó sistema operativo [[UNIX]]. O [[UNIX]] foi o primeiro sistema operativo dos miniordenadores, e como os servidores substituíron gradualmente a estes, o [[UNIX]] era unha opción lóxica e eficiente de sistema operativo para os servidores.
 
Os sistemas operativos orientados a servidor teñen certos riscos, como a ausencia dun [[GUI]] (ou [[GUI]] opcional); a capacidade para seren configurados de novo (en hardware como en software) polo menos en certo grao sen pararen o sistema; sistemas avanzados que permiten facer copias de seguranza "[[on-line]]" de datos críticos en intervalos regulares e frecuentes; capacidade flexíbel e avanzada de conexión dunha rede; [[Programa informático|aplicaciónaplicacións]]s (como demos no [[UNIX]] ou procesos en [[Windows]]) que fai da execución desatendida de programas máis fiábel; seguranza do sistema asine, con usuario avanzado, recursos, dados, e protección de memoria, etcétera.
 
Como os requirimentos de servidores son nalgúns casos opostos ós requirimentos dos ordenadores de escritorio, é sumamente difícil deseñar un sistema operativo que manexe ben ambos os dispositivos. Porén, certas versións de [[Windows]] tamén son usadas sobre unha minoría de servidores; mais os sistemas operativos dominantes entre servidores seguen sendo versións de [[UNIX]] ou clons deste.
 
== Aplicacións de servidor ==
 
As aplicacións de servidor están adaptadas ás tarefas realizadas por servidores, tal como as aplicacións de PC’s de escritorio ou ''mainframe'' están adaptadas a si mesmas.
Liña 46:
As aplicacións de servidor normalmente comézanse a executar unha vez que o servidor é arrincado, e a partir de entón execútanse continuamente até que o servidor sexa parado. Un servidor polo xeral controla o mesmo xogo aplicacións en calquera momento, xa que non hai forma de predicir cando un servizo dado podería ser solicitado por un ordenador de cliente. Algunhas aplicacións nalgúns sistemas de servidor inícianse cando unha petición dun cliente é recibida, e é parada cando a petición foi satisfeita.
 
== Servidores sobre a Internet ==
 
Case a estrutura enteira da Internet está baseada nun [[modelo servidor-cliente]]. Moitos millóns de servidores están conectados a Internet e executándose continuamente en todo o mundo.
Liña 52:
Entre moitos servizos proporcionados por servidores de Internet son: a Web, correo electrónico, transferencia de arquivos, mensaxería instantánea, outros de audio e de vídeo e outros moitos. Cada acción realizada por un usuario da Internet ordinario require unha ou máis interaccións cun ou máis servidores.
 
== Véxase tamén ==
* [[Rede informática]]