Sensor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
 
[[Ficheiro:Hall sensor tach.gif|miniatura|[[Sensor de efecto Hall]].]]
Un '''sensor''' é un dispositivo capaz de detectar magnitudes físicas ou químicas, chamadas variables de instrumentación, e transformalas en variables eléctricas. As variables de instrumentación poden ser por exemplo: temperatura, intensidade lumínica, distancia, aceleración, inclinación, desprazamento, presión, forza, torsión, humidade, movemento, [[pH]] etc. Unha magnitude eléctrica pode ser unha [[resistencia eléctrica]](como nunha [[RTD]]), unha [[capacidade eléctrica]] (coma nun [[sensor de humidade]]), unha [[tensión eléctrica]] (coma nun [[termopar]]), unha [[corrente eléctrica]] (como nun [[fototransistor]]), etc.
 
Un sensor diferénciase dun transductor en que o sensor está sempre en contacto coa variable de instrumentación co que pode dicirse tamén que é un dispositivo que aproveita unha das súas propiedades co fin de adaptar o sinal que mide para que o poida interpretar outro dispositivo. Como por exemplo o termómetro de mercurio que aproveita a propiedade que posúe o mercurio de dilatarse ou contraerse pola acción de la temperatura. Un sensor tamén pode dicirse que é un dispositivo que converte unha forma de enerxía noutra.
 
Áreas de aplicación dos sensores: Industria automotriz, robótica, industria aeroespacial, medicina, industria de manufactura, etc.
 
Os sensores poden estar conectados a unha computadora para obter vantaxes como son o acceso a una base de datos, a toma de valores dende o sensor, etc
 
== Características dun sensor ==
* Rango de medida: dominio na magnitude medida no que pode aplicarse o sensor.
* Precisión: é o erro de medida máximo esperado.
Liña 18:
* Resolución: mínima variación da magnitude de entrada que pede detectarse á saída.
* Rapidez de resposta: pode ser un tempo fixo ou depender de canto varíe a magnitude a medir. Depende da capacidade do sistema para seguir as variacións da magnitude de entrada.
* Derivas: son outras magnitudes, ademais da medida como magnitude de entrada, que influen na variable de saída. Por exemplo, poden ser condicións ambientais, como a humidade, a temperatura ou outras como o envellecemento (oxidación, desgaste, etc.) do sensor.
* Repetitividade: erro esperado ó repetir varias veces a mesma medida.
Un sensor é un tipo de transductor que transforma a magnitude que se quere medir ou controlar en outra que facilita a súa medida. Poden ser de indicación directa (e.x. un termómetro de mercurio) ou poden estar conectados a un indicador (posiblemente a través dun convertedor analóxico a dixital, un computador e un visualizador) de modo que os valores detectados poidan ser lidos por un humano.
 
=== Resolución e precisión ===
A resolución dun sensor é o menor cambio na magnitude de entrada que se aprecia na magnitude de saída. Sen embargo, a precisión é o máximo erro esperado na medida.
 
A resolución pode ser de menor valor que a precisión. Por exemplo, se ó medir unha distancia a resolución é de 0,01 mm, pero a precisión é de 1 mm, entón poden apreciarse variacións na distancia medida de 0,01 mm, pero non pode asegurarse que haxa un erro de medición menor a 1 mm. Na maioría dos casos este exceso de resolución leva a un exceso innecesario no custo do sistema. Non obstante, nestes sistemas, se o erro na medida segue unha distribución normal ou similar, frecuente en erros accidentais (non sistemáticos), a repetitividade podería ser de un valor inferior á precisión.
 
Non obstante, a precisión non pode ser dun valor inferior á resolución, xa que non pode asegurarse que o erro na medida sexa menor á mínima variación na magnitude de entrada que pode observarse na magnitude de saída.