Santos Futebol Clube: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "elexido" por "elixido"
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 58:
A década dos 60 foi a mais exitosa da historia do club. Entre 1960 e 1969 o Santos FC gañou 8 campionatos estatais, 3 torneos Río-São Paulo e 6 campionatos brasileiros. A nivel internacional tamén foron os mellores anos da historia do Santos. A [[Copa Libertadores]], creada en [[1960]], foi conquistada nas súas 2 primeiras edicións polo [[Club Atlético Peñarol|Peñarol]] de [[Montevideo]]. O Santos FC, xa na súa primeira participación en [[1962]], chegou á final para enfrontarse ó bicampión [[Uruguai|uruguaio]]. No encontro de ida, xogado en [[Montevideo]], o Santos venceu por 1-2. No encontro de volta o [[Club Atlético Peñarol|Peñarol]] venceu en [[Santos]] por 2-3. Tivo que xogarse un encontro de desempate nun campo neutral, e foi en [[Bos Aires]] onde o Santos FC acadou o seu primeiro título continental, vencendo o encontro por 3 goles a 0, 2 deles de [[Pelé]] e 1 mais de Omar Caetano. Tres semanas despois xogouse en [[Santos]] o encontro de ida da [[Copa Intercontinental]] entre o Santos FC e o [[Sport Lisboa e Benfica|SL Benfica]] de [[Eusébio]], co resultado final de 3-2. O encontro de volta xogado en [[Lisboa]] rematou 2-5 a prol do Santos con 3 goles de [[Pelé]], que xa marcara 2 goles na ida. O Santos FC gañaba así a súa primeira [[Copa Intercontinental]], e convertíase no equipo mais forte do mundo.
 
En [[1963]] o equipo chegou de novo á final da [[Copa Libertadores]], enfrontándose nesta ocasión ó [[Club Atlético Boca Juniors|Boca Juniors]] liderado por Sanfilippo. O Santos venceu 3-2 no estadio de [[Maracaná]] e 1-2 en [[Bos Aires]], facéndose co seu 2º título continental. Na [[Copa Intercontinental]] agardaba o [[AC Milán]] de Altafini, Trapattoni, Amarildo, Rivera, Maldini, etc. Os ''rossoneri'' venceron en [[Milán]] por 4-2, e o Santos venceu na volta co mesmo resultado en [[Maracaná]] diante de 132.000 seareiros. O desempate foi 2 días despois no mesmo estadio, diante de 120.000 afeccionados ó ''Peixe'', que viron como o Santos gañaba cun 1-0 a súa 2ª [[Copa Intercontinental]].
 
En [[1964]] o Santos caeu nas semifinais da [[Copa Libertadores]] diante do [[Club Atlético Independiente]], cortando os éxitos internacionais do equipo. A pesares do dominio do equipo nos campionatos estatal e nacional, non acadou de novo o pase á final continental ata 50 anos despois.
Liña 71:
 
== Outras seccións ==
O Santos Futebol Clube é un club polideportivo, con seccións de [[boxeo]], [[capoeira]], [[karate]], [[fútbol sala]], [[fútbol]] feminino, [[halterofilia]], [[judo]], [[fútbol americano]], [[billar]], [[voleibol]], [[taekwondo]], [[tenis de mesa]], etc. Moitas destas seccións compiten na elite.
 
A sección de [[fútbol]] feminino acadou tódolos títulos estatais, nacionais e continentais nos últimos anos, incluída a Liga, a Copa, a Copa Libertadores e a Intercontinental. Marta Vieira da Silva, elixida 5 veces mellor xogadora do mundo, ten defendido as cores do Santos dende 2009, axudando decisivamente nestas vitorias.