Santoral: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética |
|||
Liña 4:
Na época medieval era costume indicar as datas dos eventos en relación ó calendario eclesiástico, datándoos ó estilo de "terceiro día de Advento" ou "[[noite de San Xoán]]". Do mesmo xeito, o nome de pía dos infantes adoitaba ser o da festividade que se celebrase no día dos seu nacemento ou [[bautismo]]. Aínda que menos frecuente na actualidade, nalgúns países de tradición católica ou [[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]], consérvase o costume de saudar e felicitar ás persoas polo día do seu santo ou [[onomástica]].
A lista mencionada no santoral da [[Igrexa Católica]] non presenta necesariamente coincidencia coas das outras cristiás, en concreto das do [[anglicanismo]], [[calvinismo]], [[luteranismo]], [[presbiterianismo]] e en xeral das igrexas da [[Reforma]], e proceden fundamental e inicialmente do chamado ''Martiroloxio''. O santoral comprende diversos tipos ou niveis de santidade: [[beato]]s, [[mártir]]es, [[santo]]s, [[anxo (cristianismo)|
== Condicións para entrar no santoral ==
== Avogacías ==
Ben sabido é que San [[Francisco de Asís]] protexe os animais, que [[Icía de Roma|Santa Icía]] (''Santa Cecilia'') a [[música]], [[Bárbara de Nicomedia|Santa Bárbara]] os artilleiros e [[Xoán Bosco|San Xoán Bosco]] o [[cinema]]. Trátase dunha asociación pagá, utilizada pola Igrexa para cristianizar os cultos antigos ou para fomentar o culto católico. Moitas destas avogacías reflíctense na representación habitual do santo, e unha posible clasificación dividiría entre as proteccións físicas (mesmo partes do corpo) e as abstractas.
== Advocacións ==
Cada unha das 3.792 [[Parroquia eclesiástica galega|
* Entenza (Santos Xusto e Pastor) en [[Salceda de Caselas]];
* [[A Gudiña]] (San Martiño e San Pedro);
Liña 28:
* Nosa Señora de [[Fátima]], Nosa Señora da O e outras moitas Nosas Señoras ou virxindades;
* [[Nosa Señora do Carme]] e Virxe do Carme;
* Advocacións da Paixón de [[Cristo]] e da [[liturxia]]: o [[Sagrario]], [[Divino Salvador]], [[Divino Pastor]], [[Cruz|Santa Cruz]] (tamén unha santa), o Bo [[Xesús]]
Hai tamén sete parroquias nas que non consta o seu santo patrón, probablemente por seren parroquias urbanas con moitas igrexas parroquiais:
* [[Ourense]];
* [[Santiago de Compostela]];
* [[Narón]];
* [[Betanzos]];
* Veigas de Camba, en [[Vilariño de Conso]];
* [[Ferrol]];
* [[A Coruña]];
As once advocacións con máis parroquias son as seguintes (entre parénteses, o número de parroquias con esa advocación e a porcentaxe sobre o total):
# [[Virxe María|Santa María]] (750 - 19,8 %);
# [[Pedro, papa|San Pedro]] (307 - 8,1 %);
# [[Santiago o Maior|Santiago]] (288 - 7,6 %);
# San Martiño ([[Martiño de Dumio]] ou [[Martiño de Tours]]) (238 - 6,3 %);
# San Xoán (sexa [[Xoán o Evanxelista|San Xoán Evanxelista]] ou [[Xoán o Bautista|San Xoán Bautista]]) (234 - 6,2 %);
# advocacións xerais de Cristo (Cristo [1], Divino Salvador [1] e O Salvador [4] pero, sobre todo, San Salvador) (172 - 4,5 %);
# [[Arcanxo Miguel|San Miguel]] (152 - 4,0 %);
# Santa Eulalia, Olaia, Baia, Santaia e Santalla (140 - 3,7 %);
# San Xiao, San Xián, San Xullán ou San Xulián (127 - 3,3 %);
# Santa Mariña ''[=María?]'' (109 - 2,9 %);
# [[Estevo Mártir|Santo Estevo]] (106 - 2,8 %);
Queda patente a enorme presenza de Santa María, probablemente vestixio dun culto feminino e dunha sociedade matriarcal prelatina pervivente dalgunha maneira ata os nosos días.
=== Orixe ===
A orixe principal dos santos venerados nas parroquias galegas é bastante antiga: non hai practicamente advocacións de santos canonizados recentemente ou dos últimos séculos. Porén, hai mesmo santos de orixe descoñecida: en boa medida, pódese admitir que moitas das persoas ou obxectos de culto precristiáns foron recristianizados, perdendo no camiño a consciencia do seu tema, o paganismo orixinario ou mesmo da súa orixe galega. Esta transformación foi tan radical que se chegaron a dous extremos de histrionismo:
* Santos alleos que agora se pensan que son de orixe galega;
* Personaxes de sona e mesmo culto persoal que probablemente se cristianizasen oficialmente nun santo, ou persoas cuxo culto comezou antes de dárselle carta de santidade (a cal ás veces non se lle chegou a dar nunca);
As orixes principais das advocacións das parroquias de Galicia son seis:
* santos [[Iberia|ibéricos]];
* santos [[Italia|italianos]];
* outros santos europeos ([[Grecia]], [[Hungría]] ou [[Francia]]);
* santos de [[Turquía]] (antiga Antioquía);
* santos de [[Israel]];
* santos do resto de [[Oriente Medio]] (principalmente [[Siria]] e [[Exipto]]);
Como era de esperar, os máis abundantes con diferenza son os israelitas, seguidos polos italianos e os turcos. As imaxes de abaixo reflicten a frecuencia e distribución en número de parroquias das advocacións a santos coas características indicadas para cada un dos 315 [[concello]]s de Galicia segundo o cruce dos datos de orixes fornecidas no libro de [[Ferro Ruibal]] e o nomenclátor dispoñible no [[CIRP]]. O cadro inferior esquerdo de cada imaxe representa o último concello creado na nosa terra, a [[Illa de Arousa]], e a delimitación verde suplementaria divide Galiza en cinco partes: as [[diocese]]s de Mondoñedo-Ferrol, [[Santiago de Compostela|Santiago]], [[Lugo]], [[Ourense]], Tui-Vigo e [[Astorga]].
Liña 71:
<center>Representación cartográfica das frecuencias absolutas de parroquias para cada concello segundo a orixe xeográfica dos santos das advocacións.<gallery>
Ficheiro:topo_-_1_-_his_-_5.png|[[Iberia|Ibéricos]]
Ficheiro:topo_-_3_-_ita_-_5.png|[[Italia
Ficheiro:topo_-_2_-_eur_-_5.png|Santos do resto de [[Europa]]
Ficheiro:topo_-_4_-_tk_-_5.png|[[Turquía|Turcos]]
Liña 78:
</gallery></center>
=== Culto ===
Non tódolos santos se veneraron igual en tódalas épocas. Ademais de que obviamente non se pode prestar ó culto un santo que aínda non foi santificado (igual que a un mártir que aínda non morreu), as modas e frecuencias (e posiblemente tamén a utilización aproveitada dos santos para fins políticos) nas advocacións flutúan cos séculos. Se houbese que deducir en que época se cristianizou Galicia a partir das advocacións máis presentes nas parroquias se chegaría a unha conclusión bastante evidente: os santos cuxo culto comezou no século VI son os máis abondosos nas advocacións das parroquias galegas, contabilizando un total do 58 % dos analizados. As porcentaxes de tódolos datos son as seguintes:
* [[século IV]]: 5 %;
* [[século V]]: 11 %;
* [[século VI]]: 58 %;
* [[século VII]]: 25 %;
* [[século VIII]]: 1 %;
* [[século IX]]: 1 %;
* [[século X]]: <1 %;
A distribución superficial destes datos ó longo da xeografía galega represéntase nos sete mapas inferiores. Unha santa significativa nestes sentido é Santa Baia, santa galega datable entre os primeiros séculos da cristiandade ([[século IV]]) que aínda así mantén ata agora un enorme número de parroquias no seu honor, sendo a oitava con máis frecuencia no santoral das parroquias galegas. O seu santo é o [[12 de febreiro]], unha data atípica (probablemente indicio do seu carácter conservador) pois a maioría dos patróns das parroquias galegas teñen a festividade actual no [[verán]].
Liña 103:
</center>
== [[Romaría]]s ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Xesús Ferro Ruibal|FERRO RUIBAL, Xesús]] ''et al.'' ([[1992]]): ''Diccionario dos nomes galegos''. Ir Indo Edicións, Vigo. ISBN 84-7680-096-7
=== Outros artigos ===
* [[advocación]]
* [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]]
* [[:Categoría:Parroquias de Galicia por advocación|Parroquias de Galicia por advocación]]
* [[
==== Outras imaxes ====
Liña 123:
</center>
== Ligazóns externas ==
* [http://www.churchforum.org.mx/santoral/indicalfa.htm Santoral alfabético]
* [http://www.ewtn.com/spanish/Saints/índice_cronológico_enero_feb_mar.htm Santoral cronolóxico]
* [http://www.ewtn.com/spanish/Saints/indice_alfabetico.asp Santoral haxiográfico]
* [http://www.santopedia.com/ Outro santoral, con varios clasificadores máis]
[[Categoría:Cristianismo]]
[[Categoría:Haxiografía]]
|