Sans-culotte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q208412
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 1:
A expresión '''sans-culotte''' significa literalmente "sen calzóns". O termo está relacionado coas modas e costumes da época, o [[século XVIII]], xa que os sectores sociais máis acomodados vestían cunhas calzas curtas e axustadas (os culottes), mentres que moitos membros do [[Terceiro Estado]] levaban pantalóns longos.
[[Ficheiro:Sans-culotte.jpg|dereita|190px|Cadro representando a un típico ''sans-culotte'' de Louis-Léopold Boilly (1761-1845).]]
Baixo este mote, usado ao principio de forma despectiva e exhibido posteriormente por eles mesmos con orgullo, incluíase a un grupo heteroxéneo de persoas: traballadores independentes, pequenos comerciantes e artesáns (carpinteiros, xastres, etc.). Non se incluían entre eles nin aos máis pobres nin á [[burguesía]] acomodada.
 
Os sans-culottes constituían, polo seu elevado número, unha parte importante do [[Terceiro Estado]] da capital francesa. Durante xeracións acháronse expostos a numerosas inxustizas e continuas vexacións por parte dos [[estamentos]] privilexiados. Tiñan, xa que logo, acumulado odio e rancor cara a quen gozaban de todos os luxos.