Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 78:
 
===== Industria da salga =====
Co declive da produción téxtil e o traslado da Real Fábrica a [[Ferrol]], Sada viviría un importante declive económico, compensado por importantes melloras na saúde dos veciños, que, segundo apunta [[José Andrés Cornide Saavedra|Joseph Cornide]], viñan padecendo febres a causa das polucións emanadas pola empresa. Non había durar esta crise económica moito tempo. Axiña chegaría un gran número de empresarios ou "fomentadores" de orixe catalá a desenvolver as súas industrias na nosa xeografía. Desde as derradeiras décadas do século XVIII e durante a primeira metade do XIX establecerían as súas fábricas nos núcleos de Sada e, sobre todo, Fontán. Algúns destes cataláns instalados en Sada serían José e Juan Albanell, Juan Ballester, Francisco Bargalló, Josep Caminada, José Carbonell, Andrés e Cayetano Dalmau, Gerónimo Estefanell Galup, Francisco Ferrer i Albá, José Goel, José Grau, Juan Lampallás, Tomás Maristany, Francisco Marticó, Francisco e Juan Miró, Juan Oliver, Juan Ortoll, Daniel e Juan Pasqual Barreras, Francisco Plá, Francisco Pullés Serra, José Torrens i Ros, Ramón Tort, Cristóbal, Francisco e Juan Vidal, etc. Varios destes apelidos pervivirían na antroponimia sadense ata o século XX, casos de Vidal, Marticó e Maristany.
 
A chegada dos cataláns supuña para Sada a recuperación dun sector fundamental da súa economía: o pesqueiro. Así, os "mareantes" pasaban a traballar para as fábricas de salga, asinando contratos que os vinculaban a eles. O nivel cuantitativo das producións sería moi alto.
Liña 95:
 
===== A II República =====
Logo do triunfo republicano na maioría das cidades nas eleccións municipais do [[1931]], proclamouse a [[Segunda República Española|II República]], e en Sada constituíase a nova Corporación, integrada por membros da ORGA e encabezada por Justo Rodríguez Pérez. Ao ano seguinte este dimitiría, sendo elixido no seu lugar Antonio Fernández Pita. Mais o verdadeiro protagonismo neste período non o van ter as institucións políticas, senón o amplo entramado asociativo que compuñan os diversos sindicatos ligados á [[CNT]] ([[Sindicato de Oficios Varios de Sada]], [[Sindicato de Profesiones Varias de Meirás]], [[La defensa del agricultor]], de Soñeiro, [[Sindicato de Oficios Varios y Campesinos de Carnoedo]], [[Sindicato Campesino de Mondego]] e [[Unión Campesina de Osedo y sus Contornos]]), agrupacións agraristas, centros culturais ([[Ateneo de Cultura Política y Social]], etc.) e partidos políticos ([[ORGA]], [[Partido Republicano Radical Socialista|PRRS]], [[Unión Republicana (España 1934)|UR]], [[Izquierda Republicana|IR]], [[Partido Radical|PRR]], [[Confederación Española de Derechas Autónomas|CEDA]], [[Grupo Local do Partido Galeguista en Sada|PG]], [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]] e [[Partido Comunista de España|PCE]]). Os sindicatos, especialmente os de Sada e Meirás, mantiveron importantes conflitos con propietarios e empresarios. Asociacións coma o [[Ateneo de Cultura Política y Social]], dirixido por [[Manuel Manovel Santa Cruz]], promoveron actividades encamiñadas á difusión cultural e á ilustración da clase obreira, coa celebración de conferencias e tertulias, a realización de excursións, etc.
 
===== A Guerra Civil e o Franquismo =====