Sabor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 8:
O verdadeiro sabor dos alimentos detéctase nos sensores específicos existentes en diferentes partes da [[lingua]]. Estes sensores denomínanse [[papila gustativa|papilas gustativas]]. Os seres humanos conteñen preto de 10.0000 destas papilas. A parte determinada polo gusto limítase ao [[sabor doce|doce]], [[sabor amargo|amargo]], [[sabor acedo|acedo]], [[sabor salgado|salgado]], e outros sabores básicos, pero o cheiro da [[comida]] é moi variado. O primeiro, ademais, pode ser alterado cambiando tan só o seu cheiro. Un exemplo disto son os [[caramelo]]s con saborizantes artificiais, nos que, para mudar o seu sabor, empréganse distintas esencias e [[fragrancia]]s. Por iso, aínda que o termo "saborizante" fai referencia ao sabor, ese mesmo termo úsase para referirse a fragrancias e esencias para alterar o sabor de certo alimento. As papilas gustativas específicas concéntranse en certas áreas da lingua, por exemplo os sabores doces percíbense con maior intensidade na punta da lingua, mentres que os sabores amargos experiméntanse con maior intensidade nas zonas laterais da lingua<ref>Huang A. L., et al.</ref><ref>http://www.nature.com/nature/journal/v442/n7105/abs/nature05084</ref><ref>html http://www.scenta.co.uk/Home/1061938/how-sour-taste-buds-grow.htm.</ref>.
 
Unha característica do sabor é o denominado [[retrogusto]] que aparece cando a substancia química xa non está presente nas papilas gustativas, pero queda unha sensación persistente de sabor. Este retrogusto existe en alimentos sólidos e líquidos e emprégase na [[cata]] de certas substancias: [[viño]], [[aceite vexetal|aceites]], etc.
 
=== Elementos que afectan o sabor ===
Liña 24:
 
=== Socioloxía ===
Nalgúns casos existen alimentos que necesitan dun [[gusto adquirido]] dende a infancia do consumidor, ou un habituamento necesario por un tempo determinado, para que poidan ser aceptados como agradables ou pracenteiros. Noutros casos o emprego dun sabor predominante na comida é símbolo dunha cultura ou [[etnia]], dunha agrupación nacional, etc.
 
Un dos sabores asociados inconscientemente coa [[infancia]] é o [[sabor doce]]<ref>Así o menciona Dr Gary Beauchamp, Director da Monell Chemical Senses Center, University of Pennsylvania, USA.</ref> e ás veces asociamos as comidas infantís con sabores doces. A capacidade infantil para detectar sabores doces vai decaendo coa idade, e os sabores máis amargos e salgados son máis doados de detectar.
Liña 48:
{{Artigo principal|Saborizantes}}
[[Ficheiro:Carl von Bergen Mädchen mit Teller.jpg|250px|miniatura|Característica asociativa do sabor, ao mirar o cadro imaxinámonos que a nena comeu algo doce, asociamos [[infancia]] a alimentos con sabor doce.]]
Existen certas substancias capaces de alteraren as sensacións de sabor existentes nos alimentos: [[verdura]]s, [[carne]]s, etc, por regra xeral son aqueles que alteran ou excitan directamente o [[nervio trixémino]] ou ben causan un cambio nos aromas dos alimentos. Un caso é o da [[capsicina]] (presente nos chiles) que activa os sensores termo receptores do nervio trixémino activando a circulación coma se fose unha quemazón. A definición legal dos saborizantes é moi diferente dependendo da Axencia de Alimentación que a defina. Por regra xeral considéranse así aos [[Aceite esencial|aceites esenciais]]
 
=== Modificación do cheiro ===
Liña 109:
 
== Sensacións de sabor ==
O [[sistema somatosensorial]] da lingua é capaz de detectar outras sensacións que en linguaxe popular denomínanse 'sabores', é por esta razón pola que se denomina: 'sabor picante', ou 'sabor quente', etc. estas denominacións fundaméntanse nas sensacións que se perciben polo [[padal]], ou a mesma lingua (fóra do eido das papilas gustativas).
 
== Patoloxías do gusto ==