Río Weser: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 16:
Xunto con o [[Río Ems|Ems]], o Weser é o outro gran curso de auga que flúe enteiramente por territorio alemán. Desde a unión dos ríos que o forman Weser atravesa os estados de [[Hessen]], [[Renania do Norte-Westfalia]], [[Baixa Saxonia]] e [[Estado de Bremen|Bremen]], servindo de límite fluvial entre estes dous últimos. A súa conca esténdese tamén por partes de [[Turinxia]] e [[Saxonia-Anhalt]].
 
== Percorrido ==
O considerado punto 0 do Weser é a unión do Fulda e o Werra en [[Hannoversch Münden]]. Desde aí o río atravesa a rexión de outeiros de [[Weserbergland]], moi frecuentada polo turismo, e que deixa atrás pola denominada [[Porta Westfalica]], ao sur de [[Minden]]. Xusto ao norte desta cidade de Minden, o río vese cruzado polo [[Mittellandkanal]] (en alemán Canle do Centro) por medio dun acueduto. Xa inmerso na gran chaira do norte da Alemaña o seu curso forma numerosos [[meandro]]s, véndose o leito moi arranxado con canles de derivación, esclusas, etc. Os últimos 85 km corresponden xa ao curso inferior do río. Na desembocadura ou [[estuario]] do Weser no [[Mar do Norte]], a 252 km da confluencia do Fulda e do Werra, levántase na súa beira esquerda, que corresponde ao estado de [[Estado de Bremen|Bremen]], a cidade de [[Bremerhaven]].
 
== Afluentes ==
Os principais afluentes do Weser e do [[Werra]] son:
* Beira esquerda:
Liña 33:
** [[Río Lesum|Lesum]], formado da unión do [[Río Hamme|Hamme]] e [[Río Wümme|Wümme]].
 
== Cidades importantes ás beiras ==
A cidades máis salientes erguidas á orelas do río desde a unión do Fula e o Werra son: [[Hannoversch Münden]], [[Bad Karlshafen]], [[Beverungen]], [[Höxter]], [[Holzminden]], [[Bodenwerder]], [[Hamelín]] (''Hameln''), [[Hessisch-Oldendorf]], [[Rinteln]], [[Vlotho]], [[Bad Oeynhausen]], [[Porta Westfalica]], [[Minden]], [[Petershagen]], [[Nienburg]], [[Achim]], [[Bremen]], [[Brake]], [[Nordenham]], [[Bremerhaven]].
 
== Protección ambiental ==
No seu curso inferior o Weser atravesa o [[Parque Nacional da Baixa Saxonia Wattenmeer]].
 
== Nota ==
En alemán a rexión de [[Vesdre]], en [[Bélxica]], recibe tamén o nome de '''Weser'''.