Respiración celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 6:
Os nutrientes que se oxidan na respiración celular funcionando como os doantes de electróns do proceso son case sempre moléculas orgánicas, principalmente [[azucre]]s e [[lípido]]s, e en determinadas circunstancias tamén poden ser "respirados" (oxidados) os [[aminoácido]]s. Os seres vivos que utilizan como fonte de electróns moléculas orgánicas denomínanse [[organótrofo]]s. Os animais, protozoos e bacterias deben comer ou absorber eses nutrientes orgánicos, pero as plantas, algas e algunhas bacterias fabrícanos elas mesmas durante a [[fotosíntese]].
 
É menos frecuente que o [[doante de electróns]], é dicir, a molécula que vai ser "respirada" (oxidada), sexa unha molécula inorgánica, como sulfuro, H<sub>2</sub>, Fe<sup>2+</sup>, amoníaco, etc., que só utilizan as bacterias denominadas por esta razón [[litótrofo|litótrofas]], que son moi poucas <ref>{{cita libro | autor = Campbell Neil A., Brad Williamson, Robin J. Heyden | título = Biology: Exploring Life | editor = Pearson Prentice Hall | ano = 2006 | location = Boston, Massachusetts | pages = | url = http://www.phschool.com/el_marketing.html | doi = | id = | isbn = 0-13-250882-6 }}[http://www.phschool.com/el_marketing.html]</ref>.
 
Os nutrientes non só funcionan como doantes de electróns, senón que tamén proporcionan os átomos de carbono (e outros elementos) que a célula necesita. Os seres que toman o carbono de substancias orgánicas denomínanse [[heterótrofo]]s, e os que o fan de substancias inorgánicas, concretamente do CO<sub>2</sub>, denomínanse [[autótrofo]]s. Hai bacterias que usan substancias inorgánicas tanto como fonte de electróns para a respiración (litotrofia) coma como fonte de carbono, xa que absorben CO<sub>2</sub> (autotrofia), polo que son á vez litótrofas e autótrofas.
 
O [[aceptor final de electróns]], que está ao final da cadea de transporte electrónico respiratoria e recolle os electróns desprendidos dos [[substrato encimático|substratos]] que están sendo oxidados, é o osíxeno case sempre, que no proceso se transforma en auga, e este tipo de respiración denomínase aeróbica. En casos moito máis raros o aceptor final non é o osíxeno, senón outra molécula, como o nitrato, sulfato, Fe<sup>3+</sup>, etc., e este tipo de respiración denomínase anaeróbica (non precisa osíxeno), a cal é moi minoritaria e está restrinxida a uns poucos grupos de bacterias.
 
Neste artigo centrarémonos principalmente na respiración aeróbica, pero comentaremos algo tamén da respiración anaeróbica, e tamén falaremos brevemente das diferenzas coa fermentación, a cal non é unha respiración.