Reciclaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
 
== Ciclo de reciclaxe ==
[[ficheiroFicheiro:Contenedores selectivos de residuos urbanos en Sevilla.JPG|miniatura|Colectores selectivos de recollida de residuos]]
[[ficheiroFicheiro:20080804 freight bicycle Shanghai 2383.jpg|miniatura|Ciclista que gaña a vida reciclando en [[Shangai]]]]
O ciclo da reciclaxe posúe varios elos como:
 
* '''Orixe''': que pode ser doméstica ou industrial.
* '''Recuperación''': que pode ser realizada por empresas públicas ou privadas. Consiste unicamente na recolección e transporte dos residuos para o seguinte elo da cadea.
* '''Plantas de transferencia''': trátase dunha etapa voluntaria ou que non sempre se usa. Aquí mestúranse os residuos para realizar transportes maiores a menor custo (usando colectores máis grandes ou compactadores máis potentes).
* '''Plantas de clasificación (ou separación)''': onde se clasifican os residuos e se separan.
 
* '''Reciclador final (ou planta de valoralización)''': onde finalmente os residuos se reciclan (papeleiras, plastiqueiros...) ou onde se almacenan (vertedoiros) ou se usan para a produción de enerxía (cementeiras, [[biogás]], etc.)
 
Para a separación en orixe doméstica úsanse colectores de distintas cores situados nas poboacións:
 
* '''Colector amarelo ([[envase]]s): '''neste débense depositar todo tipo de envases lixeiros como os envases de plásticos (botellas, recipientes, bolsas, bandexas de corcho branco, envoltorios de plástico...), de metal (latas de bebidas, latas de conservas, tapas e tapóns de botellas, papel de aluminio...) e envases tipo brik.
* '''Colector azul ([[papel]] e [[cartón]]): '''neste colector débense depositar os envases de [[cartón]] (caixas, bandexas...), así como os xornais, revistas, papeis de envolver, propaganda, etc. É aconsellábel pregar as caixas de maneira que ocupen o menor espazo.
* '''Colector verde ([[vidro]]): '''neste colector bótanse envases de vidro (botellas, tarros e frascos de vidro).
* '''Colector negro (orgánico): ''' neste bótase o resto de residuos que non vai nos grupos anteriores, fundamentalmente materia biodegradábel.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Quecemento global]]
* [[Actos cotiáns ecolóxicos]]
 
[[Categoría:Reciclaxe]]