Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Rask naceu en [[Brændekilde]], na illa dinamarquesa de [[Fionia]]. Estudou na [[Universidade de Copenhagen]], onde mostrou un extraordinario talento para a adquisición de linguas. En 1808 foi nomeado conservador axudante da [[biblioteca]] universitaria, e algúns anos máis tarde profesor de historia literaria . En 1811 publicou (en [[lingua danesa|danés]], unha "''Introdución á Gramática do islandés e outras antigas linguas nórdicas''", a partir de materias, impresos e manuscritos acumulados polos seus predecesores en tal campo de investigación, que lle conferiu reputación sólida.
 
A fama así gañada por Rask facilitoulle o acceso á [[Colección Arnamagnæan|Intitución Arnamagnæan]], na que foi empregado como editor do ''Lexicón Islandés'' (1814) de [[Björn Halldórsson]], que permanecera longo tempo como manuscrito. Rask visitou [[Islandia]], onde residiu entre 1813 e 1815, facéndose un mestre no dominio da súa lingua ao tempo que se familiarizaba con a literatura, hábitos e costumes dos nativos. Ao interese que inspiraron en Rask pode, probabelmente, atribuírselle o establecemento en [[Copenhagen]], a comezos de [[1816]], da ''Sociedade Literaria Islandesa'', da que foi o primeiro presidente.
 
=== Viaxe a Oriente ===
Desde [[Estocolmo]], marchou, en [[1819]], para [[San Petersburgo]], onde redactou, en [[lingua alemá|alemán]], un artigo sobre "As linguas e as literaturas de Noruega, Islandia, Suecia e Finlandia", no número 6 da ''Vienna Jahrbücher''. Desde [[Rusia]], Rask viaxou para [[Tartaria]] desde onde alcanzou o [[Imperio Persa]], residindo durante algún tempo en [[Tabriz]], [[Teherán]], [[Persépole]] e máis [[Shiraz, Irán|Shiraz]]. En arredor de seis semanas, aprendeu [[Lingua persa|persa]] suficiente, compo para poder conversar nese idioma con liberdade.
 
En 1820 embarcou en [[Bushire]] para [[Bombay]], [[India]]. Durante a súa estadía nesa cidade, escribíu e publicou, en inglés, unha ''Disertación sobre a autenticidade da lingua zenda''. Desde Bombay viaxou até [[Sri Lanka|Ceilán]], onde chegou no ano [[1821]], e moi logo redactou en inglés, unha "''Disertación a respecto do mellor método para expresar os sons das linguas da India en caracteres europeos''", que foi publicado en [[Colombo]]. Rask volveu para Copenhaguen en maio de 1823, traendo consigo unha considerábel cantidade de manuscritos persas, [[zenda]]s, [[pali]]s, cingaleses, etc., con os que enriqueceu as coleccións da capital danesa.
 
=== Derradeiros anos ===
Logo da súa volta de Oriente, Rask publicou, en danés, varias obras: ''Gramática española'' (1824), ''Gramática frisoa'' (1825), ''Ensaio sobre a ortografía danesa'' (1826), un'' Ensaio sobre a Cronoloxía do Antigo Exipto'' (1827), ''Gramática italiana'' (1827), ''Cronoloxía xudía antiga con anterioridade a Moisés'' (1828). Fixo tamén unha edición da ''Gramática danesa para ingleses'' de Schneider, e supervisou a tradución da súa ''Gramática anglosaxoa'' (1830) realizada por Thorpe.
 
Rask faleceu en Copenhague o [[14 de novembro]] de [[1832]], na ''Badstuestraede'', nº 17, onde actualmente hai unha placa na súa lembranza. En 1822, dominaba non menos de vinte e dúas linguas e dialectos, e é sona que estudara só dúas veces a maioría. Os seu numeroso manuscritos foron trasladados á Biblioteca Real de Copenhague.
 
== Legado académico ==
[[Karl Verner]] foi un dos últimos filólogos inspirados en Rask.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Undersøgelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse'' (Ensaio sobre a orixe do antigo nórdico ou islandés), 1818.
* ''Spansk Sproglære'' (Gramática española), 1824.
381.287

edicións