Quinta República Francesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 61:
{{Historia de Francia}}
 
== Orixes ==
O detonante do colapso da [[Cuarta República Francesa|Cuarta República]] foi a [[Crise de Maio de 1958|Crise de Alxeria]]; a pesar dos conflitos e revoltas do proceso de [[descolonización]], [[África Occidental Francesa|África Occidental]], [[Indochina Francesa|Indochina]] e [[Alxeria Francesa|Alxeria]] seguían contando con representantes na [[Asemblea Nacional de Francia|Asemblea Nacional]], nun sistema de sufraxio censatario na [[Unión Francesa]]. Alxeria en particular, a pesar de ser a colonia con máis poboación francesa, viu incrementarse a presión para a separación da [[Francia Metropolitana|Metrópole]]. A situación complicouse pola disparidade de opinións da poboación, xa que algúns colonos brancos querían seguir pertencendo a Francia, o que provocou que a [[Guerra de Independencia de Alxeria|Guerra de Independencia]] se converteu non só nun movemento separatista, senón que tamén tivo elementos dunha [[guerra civil]]. Complicouse máis a situación cando unha parte do exército francés se revelou e apoiou abertamente a "[[Alxeria Francesa]]" movemento para acabar coa separación. [[Charles de Gaulle]], que se retirara da política unha década antes, meteuse no medio da crise, facendo un chamamento á nación para suspender ao goberno e crear un novo sistema constitucional. De Gaulle chegou ao poder pola incapacidade do parlamento para elixir a un goberno, as protestas populares forzaron a última votación do parlamento da Cuarta República, que acordou a disolución desta e un acordo constitucional. (Alxeria converteuse nun país independente o [[5 de xullo]] de [[1962]].)
 
A Cuarta República sufriu unha falta de consenso político, un executivo débil e a rapida formación e disolución de distintos gobernos dende a [[Segunda Guerra Mundial]]. Sen partidos ou coalicións capaces de manter unha maioría parlamentaria, os Primeiros Ministros foron incapaces de arriscar a súa situación política con reformas impopulares. De Gaulle e os seus simpatiizantes propuxeron un sistema de presidentes executivos fortes, con mandatos de sete anos. Segundo a constitución proposta, o presidente teria o poder executivo para dirixir o país, xunto co primeiro ministro. O [[1 de xuño]] de [[1958]], Charles de Gaulle converteuse en presidente;<ref>[http://www.legifrance.gouv.fr/jopdf/common/jo_pdf.jsp?numJO=0&dateJO=19580602&numTexte=&pageDebut=05279&pageFin= Décret du 1er juin 1958 portant nomination des membres du gouvernement]</ref> o [[3 de xuño]] de [[1958]], unha lei constitucional permitiu ao novo goberno redactar unha nova [[Constitución francesa de 1958|Constitución francesa]],<ref name='LOI_CONSTITUTIONNELLE'>[http://www.legifrance.gouv.fr/jopdf/common/jo_pdf.jsp?numJO=0&dateJO=19580604&numTexte=&pageDebut=05326&pageFin= Loi du 3 juin 1958] portant dérogation transitoire aux dispositions de l'article 90 de la Constitution, [[:fr:L'Assemblée nationale]] and the [[:fr:Conseil de la République]], [[Journal Officiel de la République Française]], 3 June 1958</ref> e outra lei permitiu a Charles de Gaulle e ao seu goberno gobernar por decreto durante un máximo de 6 meses, salvo en determinados asuntos relacionados cos deritos básicos dos cidadáns (dereito criminal, etc.).<ref>[http://www.legifrance.gouv.fr/jopdf/common/jo_pdf.jsp?numJO=0&dateJO=19580604&numTexte=&pageDebut=05327&pageFin= Loi n°58–520 du 3 juin 1958 relative aux pleins pouvoirs]</ref> Estas medidas aprobáronse mediante o [[Referendo do 28 de setembro de 1958]], apoiado por máis dun 80% dos votantes.<ref>[http://www.legifrance.gouv.fr/jopdf/common/jo_pdf.jsp?numJO=0&dateJO=19581005&numTexte=&pageDebut=09177&pageFin= Proclamation] des résultats des votes émis par le peuple français à l'occasion de sa consultation par voie de référendum, le 28 septembre 1958</ref> A nova constitución foi promulgada o 4 de outubro de 1958.<ref>''[http://www.legifrance.gouv.fr/jopdf/common/jo_pdf.jsp?numJO=0&dateJO=19581005&pageDebut=09151 Constitution]'', [[Journal Officiel de la République Française]], 5 October 1958</ref> Debido a que cada nova constitución conleva unha nova república, Francia pasou da Cuarta á Quinta República.
 
A nova constitución contiña cláusulas transitoria (artigos 90–92) prorrogou o goberno por decreto ata que as novas institucións estiveran operativas. [[René Coty]] foi o presidente da república ata que o novo presidente fora proclamado. O 21 de [[decembro]] de [[1958]], Charles de Gaulle converteuse en [[Presidente de Francia]] por un [[Colexio electoral (concepto)|colexio electoral]].<ref>[http://www.legifrance.gouv.fr/jopdf/common/jo_pdf.jsp?numJO=0&dateJO=19590109&numTexte=&pageDebut=00673&pageFin= Proclamation] des résultats du scrutin du 21 décembre 1958 pour l'élection du Président de la République, Président de la Communauté; [http://www.conseil-constitutionnel.fr/conseil-constitutionnel/francais/les-decisions/depuis-1958/decisions-par-date/1959/proclamation-presidentielle-1958/decision-proclamation-presidentielle-1958-du-08-janvier-1959.6261.html text version]</ref> A Comisión electoral provisional, que actuou no lugar do [[Consello Constitucional Fracés|Consello Constitucional]], fixo públicos os resultados o [[9 de xaneiro]] de [[1959]]. O novo presidente comezou o seu mandato ese día, nomeando a [[Michel Debré]] como primeiro ministro.
Liña 70:
A constitución de 1958 tamén substituíu a Unión Francesa pola [[Comunidade Francesa]], o que permitiu a catorce territorios membros lograr a independenza.<ref>Frederick Cooper, "[http://journals.cambridge.org/action/displayAbstract?fromPage=online&aid=2300612 Possibility and Constraint: African Independence in Historical Perspective]", ''Journal of African History'' 49(2), http://dx.doi.org/10.1017/S0021853708003915</ref> 1960 coñeceuse como o "[[Ano de África]]", debido á independencia conseguida en varios estados.<ref>Abayomi Azikiwe, "[http://panafricannews.blogspot.com/2010/04/50th-anniversary-of-of-africa-1960.html 50th Anniversary of the 'Year of Africa' 1960]", ''Pan-African News Wire'', 21 April 2010.</ref>
 
== Evolución ==
O presidente elixiuse inicialmente polos colexios electorais, pero en 1962 de Gaulle propuxo que o elixiran directamente os cidadáns, e convocou un referendo sobre o cambio. Aínda que os métodos empregados por de Gaulle recibiron críticas por parte de todos os grupos políticos excepto os [[Gaullistas]], o cambio aprobouno o electorado francés.<ref>Constitutional Council, [http://www.conseil-constitutionnel.fr/conseil-constitutionnel/francais/les-decisions/depuis-1958/decisions-par-date/1962/resultats-referendum-octobre-1962/decision-resultats-referendum-octobre-1962-du-06-novembre-1962.6422.html Proclamation] of the results of the 28 October 1962 referendum on the bill related to the election of the President of the Republic by universal suffrage</ref> O Tribunal Constitucional non se pronunciou sobre a constitucionalidade do referendo.<ref>Constitutional Council, [http://www.conseil-constitutionnel.fr/conseil-constitutionnel/francais/les-decisions/depuis-1958/decisions-par-date/1962/62-20-dc/decision-n-62-20-dc-du-06-novembre-1962.6398.html Decision 62-20 DC] of 6 November 1962</ref>
 
Liña 77:
Na década de 1970 ocorreron dous cambios importantes en canto ao equilibrio de poderes.<ref>F. L. Morton, ''Judicial Review in France: A Comparative Analysis'', The American Journal of Comparative Law, Vol. 36, No. 1 (Winter, 1988), [http://www.jstor.org/stable/840185 pp. 89–110]</ref> Tradicionalmente, Francia rexíase de acordo á [[soberanía parlamentaria]]: ningunha autoridade podía cuestionar se as leis aprobadas polo Parlamento respetaban os dereitos constitucionais dos cidadáns.<ref>M. Letourneur, R. Drago, ''[http://www.jstor.org/stable/837562 The Rule of Law as Understood in France]'', The American Journal of Comparative Law, Vol. 7, No. 2 (Spring, 1958), pp. 147–177</ref> En [[1971]], o Consello Constitucional, alegando que o preámbulo da Constirución fai referencia aos dereitos recollidos en 1789 na [[Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán]] e tamén a Constitución de 1979, concluiu que os estatutos debían respectar eses dereitos e declarou parcialmente inconstitucional unha lei, porque violaba a [[Liberdade de asociación]].<ref>Constitutional Council, [http://www.conseil-constitutionnel.fr/conseil-constitutionnel/francais/les-decisions/depuis-1958/decisions-par-date/1971/71-44-dc/decision-n-71-44-dc-du-16-juillet-1971.7217.html Decision 71-44 DC] of 16 July 1971</ref> Porén, só o Presidente da República, o Primeiro Ministro, e o Presidente de cada Cámara do Parlamento podían solicitar a revisión da constitucionalidade dunha lei, o que reduce en gran medida a posibilidade de revisión, se todos estes cargos políticos son do mesmo partido, que era a situación naquel momento. En 1974 unha emenda constitucional ampliou as persoas que podían pedir a revisión dunha lei a 60 membros da [[Asemblea Nacional de Francia|Asemblea Nacional]] e 60 membros do [[Senado de Francia|Senado]].<ref>[http://www.legifrance.gouv.fr/jopdf/common/jo_pdf.jsp?numJO=0&dateJO=19741030&numTexte=&pageDebut=11035&pageFin= Loi constitutionnelle 74-904 du 29 octobre 1974] portant révision de l'article 61 de la Constitution</ref> Dende entón a oposición foi capaz de deter polémicas emendas denunciando a súa constitucionalidade.<ref>[[:fr:Alain Lancelot|Alain Lancelot]], ''[http://www.conseil-constitutionnel.fr/conseil-constitutionnel/root/bank_mm/pdf/Conseil/reforme_1974.pdf La réforme de 1974, avancée libéral ou progrès de la démocratie ?]''</ref>
 
== Presidentes da Quinta República ==
Os [[Gaullismo|Gaullistas]] están en azul, os [[Socialismo|Socialistas]] en rosa e os [[Centrismo|centristas]] en verde azulado.
 
Liña 143:
|}
 
== Primeiros Ministros da Quinta República Francesa ==
{| class="wikitable" border="1" cellpadding="1" cellspacing="0"
|-
Liña 253:
|}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Atkin, Nicholas. ''The Fifth French Republic'' (European History in Perspective) (2005) [http://www.amazon.com/French-Republic-European-History-Perspective/dp/0333650573/ extracto do texto]
* Brouard, Sylvain et al. ''The French Fifth Republic at Fifty: Beyond Stereotypes'' (French Politics, Society and Culture) (2009)
* {{cite book |last=Chevallier |first=Jean-Jacques |authorlink=Jean-Jacques Chevallier |coauthors=Guy Carcassonne, Olivier Duhamel |title=Histoire de la V<sup>e</sup> République : 1958 - 2009 |edition=13<sup>th</sup> |year=2009 |publisher=Dalloz |location=Paris |language=French |isbn=978-2-247-08406-7}}
* Lewis-Beck, Michael S., et al. eds. ''French Presidential Elections'' (Palgrave Macmillan; 2012) 232 pages; studies of four presidential contests over the past two decades.
* Rogoff, Martin A. ''French Constitutional Law: Cases and Materials'' (Durham, Carolina Academic Press, 2010.[http://www.cap-press.com/books/isbn/9781594606540/French+Constitutional+Law]
* Thody, Philip. ''The Fifth French Republic: Presidents, Politics and Personalities: A Study of French Political Culture'' (1998) [http://www.amazon.com/Fifth-French-Republic-Presidents-Personalities/dp/0415187532/ extracto do texto]
 
=== Outros artigos ===
* [[Primeira República Francesa]]
* [[Segunda República Francesa]]
* [[Terceira República Francesa]]
* [[Cuarta República Francesa]]
 
[[Categoría:Historia de Francia]]