Diferenzas entre revisións de «Píndaro»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
(corrixo *respostaba e outros)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
Temos poucas noticias fiábeis sobre a súa biografía, a pesar das seis ''Vidas'' que nos deixaron autores antigos. Sábese que naceu en [[Cinocéfalo]], [[Beocia]], cara o [[-518|518 a.C.]] e que, segundo a tradición, pertencía a unha familia aristocrática. De feito, na Vª [[Pítica]], el mesmo parece afirmar que procede da liñaxe dos [[exeidas]], polo que a miúdo manifestará nas súas obras unha especial simpatía polas institucións [[dorio|dorias]].
 
Pasou a súa infancia e primeira xuventude en [[Tebas, Exipto|Tebas]] e en [[Atenas]], onde foi discípulo de [[Agatocles]]. Moi novo aínda, participou nun certame de poesía no que foi vencido pola poetisa [[Corina]] de [[Tanagra]]. Foi ela, nesta ocasión, quen lle aconsellou "sembrar a mans cheas, non a sacos cheos". A primeira [[oda]] pindárica é a Xª Pítica e foi composta cando o autor aínda contaba vinte anos. Pronto se converteu nun afamado poeta. Como tal, percorreu as principais cortes aristocráticas de Grecia: [[Cirene]], [[Siracusa]], etc. Diante da [[Guerras Médicas|invasión dos persas]] adoptou unha actitude de transixencia co inimigo que respondía á política interesada da súa patria tebana. Nesta cuestión, Píndaro chocou con outro importante poeta, [[Baquílides]], que tomara un punto de vista [[panhelenismo|panhelénico]] e propugnaba a resistencia enconada perante os [[Imperio Persa|persas]], aos que vía como unha ameaza para o conxunto da [[Hélade]]. Píndaro morreu en [[Argos, Grecia|Argos]] entre [[-446|446]] e [[-438|438 aC]].
 
== Obra ==
A obra coñecida de Píndaro conservouse en [[papiro]]s de entre o [[século -II|século II a.C.]] e o [[século II|II d.C.]]. En total, chegáronnos catro libros de [[epinicio]]s que suman 45 [[oda]]s e algúns fragmentos soltos. Os epinicios son cantos corais compostos na honra dos vencedores nalgún dos catro certames deportivos panhelénicos que se cantaban ao paso dos campións. As composicións de Píndaro costuman empregar a vitoria deportiva como simple punto de partida para loar o valor persoal do [[atleta]]: o seu triunfo reflicte a vitoria do Fermoso e o Bo sobre a mediocridade. Ademais de epinicios, Píndaro compuxo [[himno]]s, [[peán]]s, [[partenio]]s, cantos ao viño, [[treno]]s, etc.
 
O estilo de Píndaro é peculiar e difícil. Caracterízase por proceder coa materia poética a saltos, establecendo asociacións bruscas e imprevistas entre elementos distintos. A linguaxe, moi elevada, procede dunha mestura artificiosa de [[dialecto]]s diferentes e satúrase de elementos [[retórica|retóricos]], en especial de [[imaxe poética|imaxes]].
[[Categoría:Poetas]]
[[Categoría:Lírica]]
[[Categoría:escritoresEscritores en lingua grega]]
[[Categoría:Os nove poetas líricos]]
393.002

edicións