Diferenzas entre revisións de «Pérgola»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
(corrixo)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
[[Ficheiro:Laubo-koridoro en Castrelos, Vigo.jpg|thumb|Pérgola con [[xasmín]]s e [[roseira]]s rubideiras nun camiño no [[Parque de Castrelos]] en [[Vigo]].]]
Unha '''pérgola''' é un [[elementos arquitectónicos de xardín|elemento arquitectónico propio de xardíns ou paseos]] que consiste nunha armazón formada por columnas que sosteñen trabes polas que ruben plantas, co fin de dar sombra e ornamental. En [[Lingua inglesa|inglés]] adoita denominarse coma ''arbour''<ref>Inclúense algúns termos en inglés pola importancia destes elementos na xardinaxe inglesa</ref>.
O termo relacionado '''emparrado''' (ou parra) só se refire á suxeición dunha [[videira]] cunha estrutura que normalmente non deixa de ser unha pérgola. Nalgúns vocábulos aparece como '''parreira'''<ref>http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=parreira&tipo_busca=lema</ref>.
[[Ficheiro:Settimo Vittone Tupiun.JPG|thumb|200px|Unha ladeira con [[socalco]]s cubertos con parras en [[Settimo Vittone]], [[Piemonte]].]]
== Descrición ==
A pérgola é un [[elemento arquitectónico]] e estrutural, conformado por un corredor flanqueado por columnas que soportan trabes lonxitudinais que unen as columnas de cada banda, e outras transversais, os cangos ou ripas, que unen ambas bandas e suxeitan un enreixado aberto ou enlatado, onde usualmente se desenvolven plantas rubideiras. O uso máis común é a protección de zonas de paso dunha zona axardinada, zonas de lecer, xantar, etc. mais tamén poden formar parte dun edificio como protección de zonas peonís.
[[Ficheiro:1949 - Salzburg - Mirabellgarten.JPG|thumb|200px||Abeiro e sombra nun túnel verde, con materiais modernos, en Mirabellgarten, [[Salzburgo]].]]
 
As pérgolas poden ligar [[Pavillón (arquitectura)|pavillóns]], poden facer de [[marquesiña]]s nas portas dos edificios cara as zonas axardinadas como terrazas ou piscinas, e poden ser estruturas completamente autónomas que fornecen sombra e acubillo ao longo dun carreiro.
[[Ficheiro:Pérgola. Poste de ladrillo y viga de hormigón.jpg|thumb|Pérgola realizada en obra: con postes de tixolo árabe e trabes de formigón. Ten unicamente as trabes principais: aquelas que fican entre entre poste e poste. Unha estrutura de arames de aceiro dá soporte entre trabe e trabe á vexetación.]]
As pérgolas son elementos arquitectónicos de maior lonxevidade ca os ''túneles verdes'' dos xardíns da [[Alta Idade Media]] e principios da [[Renacencia]], que estaban a miúdo formados por gromos novos e flexíbeis de [[salgueiro]]s ou [[abeleira]]s unidos pola testa para formaren unha serie de arcos, sobre os que se tecían uns listóns lonxitudinais, onde se desenvolvían as plantas rubideiras para facer un paseo fresco, sombrizo e moderadamente seco.
 
Na [[Villa La Petraia]] os segmentos curvados interiores e exteriores dos paseos verdes, precursores das actuais pérgolas, formaban unha estrutura que podía ser vista desde unha terraza situada máis arriba e proporcionaban algo de intimidade ao fogar ofrecendo unha visión frondosa dunha horta encravada que evocaba o [[Xardín do Edén]].
 
=== En Galiza ===
En Galiza aínda que non son aínda moi comúns as pérgolas en xardíns privados o que si é común é o uso análogo dos emparrados de videiras á beira das vivendas para dar sombra (ademais de viño), onde se adoitan celebrar os xantares e ceas no verán. Hoxe en día a videira comparte lugar co [[Kiwi (planta)|kiwi]] e diferentes especies de [[roseira]]s rubideiras, [[glicinia]]s, [[xasmín]]s, etc. A pérgola tradicional en Galiza acostuma constar de elementos verticais postes chantados (piares) en [[Granito|pedra de gra]], con elementos horizontais (forxado) en madeira de carballo, castiñeiro ou [[robinia]] polos que medran as [[videira]]s. É común plantar [[roseira]]s decorativas á beira dos postes de pedra. As máis das veces a parra vai acaroada á vivenda ou a outra construción auxiliar, constando soamente de dous piares. Non é raro atopar nas pérgolas, e, en xeral, nos emparrados, postes transversais apoiados nos verticais para impedir o xiro e envorcado da estrutura.
 
== Galería de imaxes ==
<center>
<gallery>
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Elementos arquitectónicos de xardín]]
* [[Planta rubideira]]
* [[Patio]]
* [[Eira]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://casaoriginal.com/arquitectura/arquitectura-moderna-impactante-casa/ Pérgola a cubrir parte dunha piscina]
 
{{commonscat|Pergolas|Pérgolas}}
393.002

edicións