Punto (puntuación): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q172008
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
{{Puntuación|.
|Punto}}
O '''punto''' (.) é o [[signo de puntuación]] que se coloca ao final dos [[enunciado]]s e as [[Oración (gramática)|oraciónoracións]]s [[gramática|gramaticais]] en [[lingua galega|galego]] ademais de na maioría das linguas co [[alfabeto latino]]. Escríbese sen deixar espazo de separación co carácter que precede pero deixando un [[espazo (puntuación)|espazo]] co carácter que segue a non ser que dito carácter sexa de peche.
 
== Historia ==
Liña 9:
O punto úsase para indicar unha pausa ou final de texto, podendo existir tres posibilidades, '''punto e seguido''', o '''punto e á parte''' e o '''punto final'''.
 
* '''Punto e seguido''', separa enunciados dentro dun [[parágrafo]]. Quere dicir que se continúa escribindo a continuación do punto, a primeira palabra escrita neste caso irá en maiúsculas, agás no caso das [[abreviatura]]s. Por exemplo:
 
:''5. Historia de Galiza. Os Irmandiños''
 
* '''Punto e á parte''', separa dous parágrafos con contido diferente dentro do texto. A continuación hai que comezar a escribir en liña distinta. Para segui-las normas débese de "sangrar" a primeira liña de [[texto]] do novo parágrafo.
 
* '''Punto final''', sempre se coloca ao final pechando un texto.
 
== Outros usos ==
* Ademais do uso descrito tamén serve para indicar que unha palabra é unha [[abreviatura]], como por exemplo ''Sr.'', ''Sra.'', ''Excmo.'', son distintas abreviaturas que non indican o final da oración, senón que a palabra está abreviada.
* O punto acostumaba usarse para indicar os millares, separando os díxitos (cifras ou algarismos) en grupos de tres, comezando pola dereita. Por exemplo: ''15.482.623'' (quince millóns catrocentos oitenta e dous mil seiscentos vinte e tres). Actualmente recoméndase empregar no seu lugar un espazo: ''15 482 623''.<ref>{{cita libro|apelidos=González Rei|nome=Begoña|título=Ortografía da lingua galega|ano=2004|editor=Galinova Editorial|localización=A Coruña|isbn=84-9737-041-4|editor=Galinova Editorial}}</ref>
* O uso do punto para separar a parte enteira da decimal nun número é propio do sistema de anotación anglosaxón, non do latino. Para esta función, en galego utilízase a [[coma]].
* Úsase punto para separar fraccións de horas: 15.25.<ref>{{cita libro|apelidos=Dosil López|nome=Benxamín|apelidos2=Riveiro Costa|nome2=Xesús|título=Dicionario de ortografía da lingua galega|ano=2004|editor=Galinova Editorial|isbn=84-9737-040-6}}</ref>
Liña 26:
* Non debe usarse para os símbolos das unidades porque non son abreviaturas senón símbolos. Por tanto, cinco metros porase 5 m e dez quilogramos indicarase con 5 kg (Véxase [[Sistema Internacional de Unidades]]).
 
== O ''punto'' e outros signos ==
En múltiplas ocasións adóitase empregar o punto xunto a outros signos que tamén son considerados ''de peche'', como poden ser as [[parénteses]], as [[comiñas]], etc., o punto sempre hai que colocalo detrás do signo.
 
Tamén se pode dar o caso de que se combinen ó mesmo tempo o punto coa comiña ('''""''', '''«»''', '''‹›''') e cos signos de [[signo de exclamación|exclamación]] ('''¡!''') e [[signo de interrogación|interrogación]] ('''¿?''') prevalecendo o último signo anterior ao punto, caso de ser comiñas colócase punto, caso de que sexa a exclamación ou interrogación o último signo anterior ao punto non se coloca.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Coma]]
* [[Punto e coma]]