Protociencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 9:
En [[Historia da ciencia|sentido histórico]], considérase protociencias a disciplinas como a [[astroloxía]] ou a [[alquimia]], que deron paso á [[astronomía]] e á [[química]] coa aparición do [[método científico]]. Porén, a negativa dos seus practicantes a aceptar dito método fai que hoxe en día sexan consideradas [[pseudociencia]]s.<ref>[http://www2.fiu.edu/~mizrachs/truzzi.html ''Reflections on the reception of unconventional claims in science''], newsletter ''Center for Frontier Sciences'', Temple University, 1990.</ref>
 
== Historia do termo protociencia ==
 
O [[filosofía da ciencia|filósofo da ciencia]] [[Thomas Kuhn]] foi o primeiro en usar esta palabra nun ensaio, publicado por primeira vez en [[1970]] <ref>Thomas Kuhn: ''Reflections on my critics.'' In Imre Lakatos and A. Musgrave: ''Criticism and the growth of knowledge.'' Cambridge University Press, London (1974).</ref>:
 
{{cita|''En todo caso, hai moitos campos —chamareinos protociencias— nos que a práctica produce conclusións contrastábeis pero que, non obstante, parécense á filosofía e ás artes no seu modelo de desenvolvemento. Penso, por exemplo, en campos como a química e a electricidade antes da metade do século XVIII, no estudo da herdanza e a filoxenia antes de mediados do XIX, ou en moitas das ciencias sociais hoxe. Tamén nestes campos, aínda que satisfán o criterio de demarcación de sir Karl, a crítica incesante e o continuo esforzo para conseguir un novo comezo son forzas primarias, e é necesario que o sexan. Porén, como sucede na filosofía e nas artes, isto non dá como resultado un progreso nítido... En resumo, a miña conclusión á que as protociencias, como as artes e a filosofía, carecen dalgún elemento que, nas ciencias maduras, permite as formas máis obvias de progreso''.|Kuhn 2000, 168.}}
Liña 23:
Algunhas protociencias progresan até seren unha parte aceptada da ciencia establecida. Outras fallan nesta consolidación, ou vólvense pseudocientíficas cando os seus seguidores persisten a pesar de carecer de evidencias científicas que sustenten os seus puntos de vista.
 
Diversas ciencias comezaron como ramas da [[filosofía]]: [[matemáticas]], [[filosofía da natureza|filosofía natural]], [[economía]], [[psicoloxía]], [[socioloxía]], etcétera.
 
== Exemplos de protociencias ==
 
O exemplo moderno máis famoso de protociencia podería ser a teoría da [[deriva continental]] tal como foi orixinalmente propuesta por [[Alfred Wegener]] (que finalmente chegou a ser un modelo científico aceptado cando os mecanismos da [[tectónica de placas]] foron comprendidos, aínda que a tectónica de placas ten diferenzas substanciais coa deriva de Wegener). Outros exemplos inclúen:
Liña 37:
Outros campos, como a [[parapsicoloxía]] están máis cerca do bordo entre a protociencia e a pseudociencia.
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Holcomb, H. (1966): "Moving Beyond Just-So Stories: Evolutionary Psychology as Protoscience". ''Skeptic Magazine''.
* Hartmann, D. (1996): "Protoscience and Reconstruction". ''Journal of General Philosophy of Science''.
Liña 48:
* Psarros, N. (1995): "The Constructive Approach to the Philosophy of Chemistry". ''Epistemologia''.
 
=== Outros artigos ===
* [[Ciencia patolóxica]]
* [[Ciencias ocultas]]
Liña 63:
* [[Teoría científica obsoleta|Teorías científicas obsoletas]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://protoscience.wikicities.com/wiki/Main_Page Protoscience Wikicity] {{en}} Consultada o 26-07-2011.
* [http://physics.syr.edu/courses/modules/PSEUDO/moller.html Questions to help distinguish a pseudoscience from a protoscience] Preguntas que axudan a distinguir unha psuedociencia dunha protociencia. {{en}} Consultada o 26-07-2011.
 
[[Categoría:Protociencia]]