Presocráticos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 44 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q178540
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 12:
Foi neste grupo de filósofos onde comezou un dos maiores debates da filosofía occidental (e esa discusión prosegue aínda en aberto, aínda que non nos mesmos termos e á luz de todo o pensamento occidental desde aquela época ata hoxe), entre [[Parménides de Elea]] e [[Heráclito de Éfeso]].
 
Resumidamente: para Parménides e os seus seguidores ([[escola eleática]]), o [[movemento]] non existe. A súa [[afirmación]] "o que é, é, e non pode non ser, e o que non é, non é, e non pode ser" traduce o seu pensamento de que calquera movemento (e/ou [[mudanza]]) non existe, polo simple feito de que, se hai movemento, hai mudanza, e se hai mudanza, algo que non era pasou a ser (ou ao contrario: algo que era pasou a non ser), o que contradí a "regra" da súa afirmación (se o que é ''é'' e non pode non ser, é imposible que haxa movemento, pois o movemento implica en mudanza, o que, pola regra de Parménides, non soamente está errado senón que é imposible). Xa Heráclito pensaba xustamente o contrario: "Panta rhei" ("todo flúe") é a súa afirmación. Heráclito identifica o ser, a arché, co movemento. Para el, a única cousa que pode ser clasificada de inmutable é o propio movemento, e todas as outras cousas que existen están en permanente movemento, en permanente mudanza, e é imposible que non sexa así. Heráclito exemplifica, dicindo que "non entramos dúas veces no mesmo [[río]]", o que é verdade, pois as augas dun río están sempre mudando, as propias [[célula]]s dos seres [[orgánico]]s están sempre renovándose, e mesmo nos seres [[inorgánico]]s hai mudanzas ([[oxidación]], [[erosión]], etc).
 
Sócrates non se interesou por este debate, por estar máis preocupado co [[ser humano]] que co que é externo ao mesmo ser humano (a ''physis''). Mais [[Platón]] e [[Aristóteles]], sen descoidaren tamén este enfoque dado por Sócrates ao ser humano, procuraron resolver ese problema levantados por dous dos filósofos da ''physis''.