Premisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 28 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q321703
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 9:
Neste argumento, as proposicións 1, 2 e 3 son as premisas, e a proposición 4 é a conclusión. Un argumento pode ter calquera número (en xeral, finito) de premisas, incluso ningunha (en cuxo caso a conclusión adoita ser un [[teorema]] e unha [[verdade lóxica]]).<ref>Véxase a sección 2 na introdución de: Mates, B. (1972): ''Elementary logic''. New York: Oxford University Press.</ref>
 
Hai razoamentos de unha premisa (''houbo polo menos unha testemuña''), e razoamentos con máis de unha premisa. Así sucede cos [[siloxismo]]s ordinarios <ref>[[Aristóteles]] afirmaba que un argumento lóxico pode reducirse a dúas premisas e unha conclusión. Véxase: Gullberg, Jan: ''Mathematics from the birth of numbers'', páx. 216. W. W. Norton & Company. ISBN 039304002X0-393-04002-X ISBN 978-03930400290-393-04002-9 </ref>, que con unha soa premisa (por exemplo: ''Antón o viu todo''). Polo tanto, dunha premisa maior (que contén o termo maior, predicado da conclusión) e unha premisa menor (que contén o termo menor, que fai de suxeito na conclusión). Por exemplo:
# Todos os mamíferos son animais de sangue quente. (Premisa maior)
# Todos os humanos son mamíferos. (Premisa menor)
# Por tanto, todos os humanos son animais de sangre quente. (Conclusión)
 
Nos [[Razoamento indutivo|razoamentos indutivos]], a conclusión obtense por xeneralización, a partir de varias premisas particulares. Por exemplo, a partir dunha serie de observacións (''o cobre é un metal e é bo condutor da electricidade; o ferro é un metal e é bo condutor da electricidade'', etcétera) conclúese, por indución, que ''todos os metais son bos condutores da electricidade''.<ref>Conclusión que, desde o punto de vista físico-químico, é falsa.</ref>
 
En ocasións, para alcanzar a conclusión dun razoamento é necesario utilizar premisas subsidiarias, isto é, supoñer máis información da que o razoamento contempla. Por exemplo, partir do contrario do que se desexa demostrar. Se de dito suposto dedúcese un absurdo, entón pódese afirmar a conclusión sen problemas.
 
== Notas ==
Liña 22:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Dedución]]
* [[Siloxismo]]