Preposición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8479428
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
{{Clases de palabras}}
== Concepto ==
A '''preposición''' é a [[clase de palabra]] invariable que introduce o chamado [[sintagma preposicional]]. Constitúe un [[nexo]] en tanto que liga [[palabra]]s, [[sintagma]]s e ata [[oración gramatical|oracións]], pero subordina unha destas unidades (o elemento rexido) á anterior (elemento rexente), da cal depende a través da preposición. Preceden necesariamente a un [[sintagma nominal]]. Na [[análise sintáctica]] o [[sintagma preposicional]] divídese en dúas partes: o enlace (a preposición) e o termo (o sintagma preposicional). O seu [[significado]] é sumamente abstracto e gramatical e na lingua precursora das [[linguas románicas]], o [[latín]], constituíu un procedemento para evitar as imprecacións e ambigüidades do [[morfema]] de [[caso]], alcanzando tal éxito que veu a reemprazalo nas [[lingua románica|linguas románicas]].
 
En definitiva, as preposicións son unidades que funcionan como eixos de enlace e [[translación (gramática)|translación]], poñendo en relación un antecedente con outro elemento, [[substantivo]] ou palabra ou grupo de palabras en función substantiva que se constitúen en complemento daquel e que podemos denominar 'consecuente'. As preposicións, que teñen que ir acompañadas por ser partículas nexativas relacionantes non autosemánticas, van case sempre antepostas ás palabras e, polo xeral, son formas átonas que se agrupan habitualmente coa palabra anterior formando un grupo acentual
 
== Clasificación das preposicións ==
* En primeiro lugar, podemos distinguir as '''preposicións simples''' das '''locucións preposicionais''', secuencias que, coma as preposicións, son invariables en canto á forma e en nada distintas en canto á función respecto ás preposicións simples. Existen por outra parte as chamadas '''preposicións compostas''', formadas por dúas preposicións unidas: ''por entre'', ''por sobre'', ''de entre'', ''dende entre'', ''para con'', etc...
* Ás '''preposicións fortes''' opóñense as '''preposicións febles''', segundo o grao de claridade en que mostren a súa significación. As máis usuais e de carácter máis inequivocamente preposicional ("a", "de", "en") son as máis febles. Outras como "contra", menos empregadas e sen os múltiplos valores das anteriores, ofrecen unha significación máis clara e definida.
 
* Algúns lingüistas (Pottier) que viron relación entre a preposición e o [[prefixo]] consideraron este como unha variante combinatoria da preposición. Establécese entón unha división por parte da Gramática tradicional entre '''preposicións propias''' e '''preposicións inseparables'''.
 
* Podemos distinguir as '''preposicións esenciais''' (a, ante, ata, con, contra, de, en, entre, por, para, sen, sobre, tras) das '''preposicións accidentais''', aquelas que, pertencendo normalmente a outras clases de palabras, funcionan ás veces como preposicións (baixo, cara, fóra, onde,...).
 
== Véxase tamén ==
* [[As preposicións galegas]]
* [[Preposición versus conxunción]]
* [[Normativa oficial do galego - Preposicións e locucións prepositivas]]
 
[[Categoría:Clase de palabra]]