Posmodernismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 72:
O pintor inglés [[John Watkins Chapman]] designou como ''postmodernismo'' unha corrente pictórica que intentaba superar as limitacións expresivas do impresionismo sen recaer no convencionalismo da pintura académica; o termo non se popularizou, preferíndose a designación de [[postimpresionismo]] suxerida polo crítico [[Roger Fry]]. Inda que o postmodernismo neste sentido non garda máis ca unha relación moi distante co postmodernismo tal como se entende habitualmente; coincidindo polo xeral, de feito, cos principios teóricos e metodolóxicos do [[modernismo]] artístico; a relación de ambigüidade entre a superación e a conservación que dificulta a definición do mesmo xa se fai aparente aquí. O uso que [[Arnold J. Toynbee]] faría do termo para indicar a crise do [[humanismo]] [[Renacemento|renacentista]] a partir da década de 1870 está relacionado con este.
 
En [[1934]] o [[crítica literaria|crítico literario]] [[Federico de Onís]] empregou por primeira vez o postmodernismo como unha reacción fronte á intensidade experimental da poesía modernista ou vangardista, identificada sobre todo coa produción da primeira época de [[Rubén Darío]]; de Onís suxire que os distintos movementos de retorno ou recuperación da sinxeleza lírica, da tradición clásica, do prosaísmo sentimental, do naturalismo, da tradición bucólica, etc; son provocados pola dificultade das vangardas, que as illa do público. Varios destes trazos reaparecerán en análises posteriores, inda que a obra de de Onís non deixou pegada directa na tradición teórica.
 
O uso do termo por [[Bernard Smith]] en [[1945]] para designar a crítica á abstracción por parte do ''realismo soviético'' e por [[Charles Olson]] para indicar a poesía de [[Ezra Pound]] estaba a cabalo entre as dous concepcións anteriores. Se ben subliñaba a ruptura coas tendencias do modernismo, carecíase dunha armazón teórica que permitise distinguir a produción das vangardas; en si complexa e multiforme; da dos seus críticos dunha maneira decisiva.