Diferenzas entre revisións de «Porto (comunicacións)»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
(→‎Véxase tamén: outros artigos)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
Desde o punto de vista funcional, a obras e as instalacións dun porto pódense clasificar pola súa localización.
 
* Así, na ''zona marítima'', destinada ao barco, dispóñense as obras de abrigo que protexen a zona de atracadas da ondada exterior, constituídas fundamentalmente polos diques; as obras de acceso que facilitan o acceso do barco ao porto en condicións de seguridade, garantindo a súa maniobrabilidade, anchura e calado adecuados. Entre elas temos a sinalización ([[radar]], [[faro|faros]]s, [[baliza]]s, radiofaros, [[boia]]s, etcétera), os [[dique|diques]]s de encanamento, [[Canle (enxeñería)|canles]] dragados, [[esclusa|esclusas]]s; as obras de fondeo coa función de manter o barco amarrado en augas tranquilas á espera da súa quenda de atracada nos [[peirao|peiraos]]s; e as [[dársena|dársenas]]s que constitúen a superficie de augas abrigadas aptas para a permanencia e operación dos barcos (de marea ou de flotación, segundo estean ou non sometidas á acción das mareas).
 
* Na ''zona terrestre'', destinada fundamentalmente á mercancía, atopámonos coa superficie de operación terrestre constituída polos [[peirao]]s, que ademais de facilitar a atracada e amarre dos barcos, serven de soporte ao utillaxe e de provisión provisional de mercancías; e os depósitos que ademais de adecuar un espazo ás mercancías, serven de regulación dos fluxos marítimo-terrestres.
 
* Na ''zona de evacuación'', destinada ao transporte terrestre, debemos diferenciar as vías de acceso ao porto desde a Rede de estradas xeral, as de circunvalación ou repartición e as de penetración á zona de operación terrestre, coas súas áreas de manobra e estacionamento.
 
* Ocasionalmente pódense situar nos portos unha ''zona de asentamento de industrias básicas'': [[siderurxia]]s, [[estaleiro]]s, [[petroquímica]]s, [[Refinaría de petróleo|refinaríarefinarías]]s, etc. Nalgúns casos foi necesario crear portos exclusivamente para o seu servizo.
 
O conxunto de servizos que presta un porto pódense clasificar en función do ámbito ao que van destinados.
 
* Entre os ''servizos ao barco'' temos a consígna, o practicaxe, o remolque, o avituallamento e o mantemento.
* Para os ''servizos á mercancía'' temos a [[consigna]], o [[estibaxe]], a [[aduana]], a sanidade, a vixilancia e os servizos comerciais.
* Os ''servizos ao transporte terrestre'' son os de representación, reparación e estacións de servizo.
* Para rematar, o apartado de ''servizos varios'', entre os que se atopan os seguros, os bancarios, os mercantís, os de comunicación, etc.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Amarre.jpg|Amarre.
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Porto da Coruña]]
* [[Porto de Vigo]]
* [[Porto deportivo de Pontevedra]]
 
[[Categoría:Navegación]]
393.002

edicións