Polistireno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 33:
* '''PS de alto impacto:''' contén de 5 a 10% de [[elastómero]] (caucho), que é incorporado a través de mestura mecánica ou directamente no proceso de polimerización a través de enxerto na cadea polimérica. Obtense dese modo unha blenda. Moi usado na fabricación de utensilios domésticos (gavetas de xeladeira) e xoguetes.
 
* '''PS expandido:''' espuma semiríxida con marca comercial Isopor®. O plástico é polimerizado en presenza do axente expansor ou este pode ser absorbido posteriormente. Durante o procesamento do material, ese axente volatilízase, xerando células no material. Baixa densidade e bo isolamento térmico. Aplicacións: bandexas para embalaxe, protector de equipamentos, illantes térmicos, pranchas para flotación, xeladeiras isotérmicas, etc.
 
Nos inicios da moldaxe por inxección, as resinas de '''polistireno''' foron un factor importante no desenvolvemento deste proceso. Coñecidas desde 1845, estas resinas adquiriron grande importancia industrial no inicio da [[segunda guerra mundial]] e, actualmente, é un dos termoplásticos máis consumidos sendo utilizado en procesos de moldaxe por inxección, sopro, termoformación, laminados, modificados con cargas minerais e fibras de vidro adquirindo características de plásticos de enxeñaría.